Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
Xornadas de reflexión: Os muros teñen a palabra. Arte+Crise

Atalaia

Xornadas de reflexión na Galería A.dFuga. Os muros teñen a palabra. Arte+Crise
> Xornadas de reflexión: Os muros teñen a palabra. Arte+Crise
Datas: 29/11/2011 - 14/12/2011

Descrición

Poñentes: Lula Goce, Suso Fandiño, Encarna Lago, Jorge Núñez, David Barro.

Partindo da exposición Shine. Do you mind?, de Montse Rego, que inaugura este novo espazo expositivo, propoñemos un marco de debate in situ, para reflexionar e debater sobre as posibilidades do traballo creativo na sociedade actual en tempos de crise. Estas xornadas pretenden establecer diálogos acerca dun sector de producción cultural que se atopa inmerso nunha crise económica profunda, pero ao mesmo tempo exterioriza unha debacle autónoma en canto a metodoloxías e sistemas de xestión. Tras unha análise do noso contexto galego dende distintos ámbitos da creación e a producción cultural contemporánea, falaremos de posibles estratexias e opcións ou mecanismos para incrementar a comunicación efectiva co contorno social. Para elo, contaremos con artistas e creadores, representantes da museoloxía e educación, así como críticos e xestores culturais, segundo o seguinte programa:

# 29 novembro, martes. 19:00 hs.

Lula Goce. Artista. Laboriosa cultureta multidisciplinar en crise.

Suso Fandiño. Artista. Para que serven os artistas?

# 13 decembro, martes. 19.00 hs.

Encarna Lago. Xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo. Museos na crise: unha visión crítica dende a Rede museística: museos sostibles.

Jorge Núñez. Departamento de Didáctica do MACUF, A Coruña. Arte e educación: as oportunidades perdidas da crise.

# 14 decembro, mércores. 19.00 hs.

David Barro. Comisario e editor de Dardo. Smart may have the brains, but stupid has the balls. Be contemporary.

As sesións, de entrada libre, celébranse no espazo da Galería A.dFuga, na rúa do Preguntoiro, 28, Santiago de Compostela.

Fonte: Galería A.dFuga