Atalaia

Xurxo Gómez-Chao. Pequeno mar de nubes. 2011. Fotografia lambda. 120 x 200 cm
> Xurxo Gómez-Chao. A atracción do abismo
Datas: 18/11/2011 - 13/01/2012

Descrición

Xurxo Gómez-Chao (A Coruña, 1960), presenta na Galería Moret Art a súa obra máis recente baixo o título La atracción del abismo. Natureza, home, e tempo foron desde a idade antiga variables da ecuación da vida que tantos artistas e filósofos intentaron resolver. Con esta nova mostra, Gómez-Chao volve indagar neste polinomio sen medo a asomarse a territorios descoñecidos e misteriosos, creando paisaxes e interiores da máis absoluta nada. Segundo comenta Nuria Blanco, directora de Moret Art, "a presenza humana palpita nas minchas que invaden as habitacións do Hotel Earle, nos enérxicos drippings cos que intervén as imaxes creadas, ou nesas pequenas pistas que tanto lle gusta ocultar nas súas creacións”. A mostra La atracción del abismo está composta por vinte obras nas que o artista, tomando como base o ensaio homónimo de Rafael Argullol, fai o seu peculiar percorrido a través da pintura da paisaxe romántica. A riqueza do imaxinario que nutre as creacións de Gómez-Chao é profusa, ecléctica, e profundamente persoal, o que lle permite integrar nas súas obras referencias a Friederich, Turner, Monet, Hokusai ou os irmáns cineastas Joel & Ethan Coen. Mostrando, con mestría ese dominio do espazo que permite compensar a imposibilidade de dominar o tempo.

Fonte: Galería Moret Art