Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
A instalación específica Bosque 3050, de Xurxo Oro Claro (A Golada, 1955), para a nave central da Igrexa de San Domingos de Bonaval presenta un bosque de 38 árvores de aceiro inoxidable sobre un manto rectangular de pedras miúdas que enmarca o espazo intervido. As formas das árvores de aceiro agochan, no seu interior, troncos de auténticas especies autóctonas de Galicia (bidueiras, carballos, salgueiras...), tentando así espertar unha conciencia crítica diante dos desastres naturais actuais como a deforestación que están a sufrir os bosques galegos.
Este proxecto desenvolvéuse tamén no Mosteiro de Oseira -Cea, Ourense-, nunha versión adaptada aos espazos da Antiga Sala Capitular (Sala das Palmeiras) e do Scritorium, entre os meses de xaneiro e marzo de 2011.
Fonte: Atalaia