Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
Xurxo Oro Claro. Obxectos 2

Atalaia

Xurxo Oro Claro. Obxectos. 2012. Aceiro inox/cristal. 240x25x2,5 cm
> Xurxo Oro Claro. Obxectos 2
Datas: 08/03/2013 - 26/04/2013

Descrición

Resulta inconcibible hoxe en día pensar na nosa realidade cotiá sen estar rodeados de obxectos, desta presenza constante e incontestable Xurxo Oro Claro extraeu a beleza para transformar elementos comúns da vida diaria en autenticas obras de arte. Os obxectos baixo a súa ollada perden a súa gravidade, e se transforman e en pezas etéreas nas que o espectador se ve atrapado coma se estivese suspendido nunha tea de araña construída a base dos seus sutís talles.

Elementos naturais intégranse con obxectos cotiáns para crear un evocador conxunto marcado pola pureza de formas que encontra o seu perfecto complemento nos materiais empregados. Home e natureza reencóntranse en desconcertantes sendeiros, nos que o espectador adquire un papel protagonista verse inmerso como reflexo nos magníficos dípticos de aceiro. Obxectos 2 é un proxecto que sintetiza á perfección os elementos claves da plásica de Xurxo Oro Claro. 
A extensa traxectoria artísitica de Xurxo Oro Claro (A Golada,Pontevedra 1955) vese marcada, dende hai máis de tres décadas, pola súa intensa presenza nos principais circuítos artísiticosnacionais e internacionais. A súa obra forma parte das principais coleccións institucionais tanto a nivel autonómido como nacional e o seu traballo foi merecedor de múltiples premios e galardóns. Elementos que fan que sexa unha das figuras máis importantes do panorama artístico actual.
Fonte: Moret Art