Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
Evidencias de Ficción - María Prada

Atalaia

Evidencias de Ficción - María Prada

As obras escollidas teñen en común o seu posicionamento na fronteira da disciplina da representación bidimensional (figurativa, realista, fotográfica ou pictórica). En todas estas obras a imaxe relacionase con, ou abertamente evidencia, o plano xeométrico e conceptual no que ten lugar a representación plana. Nelas desvelase o truco da ilusión (pictórica, xenéricamente) para ofrecernos a materialidade do obxecto-cadro, sen desbotar a tensión entre realidade e representación. E todo iso sen perder de vista o espazo en que se produce esta entrega, no que o espectador é quen de percibir a obra e as relacións explícitas e implícitas que a obra promove con el mesmo e co espazo arquitectónico, xeométrico, social ou cultural.

* En colaboración co Máster de Arte Contemporánea. Investigación e Creación da Universidade de Vigo