Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
... - Renata Otero

Atalaia

... - Renata Otero

Sinto que os tempos que vivimos deixan claro que o feminismo é mais necesario que nunca. Comparando o número de galegas licenciadas en Belas Artes  e  comprobando a pouca presencia que teñen tanto en exposicións individuais coma colectivas nos principais museos de Galicia e do estado  resulta obvio que as artistas femininas están nunha situación de desigualdade á  hora de ser promocionadas e expostas nos millores espazos. 

Pero tamén depende de nosoutras. Canto mais falemos do traballo doutras creadoras, mais consciente será a sociedade da nosa existencia. Persoalmente quero que a miña voz axude a visibilizar o bo traballo de outras.

Escollin  pezas sobre as que disertar desde a pulsión mais inmediata: Por ghusto.  E falarei delas como teórica, como artista e como muller. Son consciente de que verquerei o meu disco duro sobre eses traballos e pode que a miña interpretación distinta moito da intención das autoras. En calquera caso pretendo unha aproximación respetuosa e subxectiva.

Gústame poder opinar.

 

E decidir.