Nocilla. Que marabilla! - Manuel González
Regresión teenager e iconas de carpeta é o subtítulo que propón
Manuel González para completar este
Itinerario inspirado nunha canción de Siniestro Total. Unha escolla de obras coas que trazar unha xenealoxía icónica ao redor da cultura xuvenil e do paso do tempo, da morriña polo pasado adolescente e as relacións entre suxeito e identidade, dunha etapa da vida sen -aparentes- preocupacións a golpe de cine e cómic, fotonovela e discoteca, fenómeno fan e mass-media, etnografía urbana e contracultura...
* En colaboración co Máster de Arte da Universidade de Santiago.