Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
Do país de Lista, Enrique » Obras

Atalaia

Do país
2012. Pintura, Debuxo
Medidas: 40 x 40 x 4 cm. cada unha

Serie Do país. Viño tinto do país sobre teas de algodón montadas sobre bastidores. 40 x 40 x 4 cm. cada unha.

O viño do país, coa súa mala fama de (presunto) preparado químico con grande capacidade de tinción, é tamén un tópico da gastronomía popular galega, reutilizado aquí con fins pictóricos.

A posta en valor dun tópico, estratexia habitual en calquera souvenir, e a aparente neutralidade formalista da peza cuestiónanse mútuamente.

Ningunha neutralidade é neutral.

E.L.