Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
Fotografía dixital b/n (ampliación sistema Durst-Lambda montada sobre Panelblock). 100 x 170 cm.
O que, nunha escala real, pode ser unha fotografía probatoria que denuncia a talla ilegal duns percebes, convértese, coa escala sobredimensionada, nunha imaxe que remite a unha rolda de recoñecemento de sospeitosos segundo o tópico cinematográfico.
Á marxe de que, en ambos casos, está latente a relación que a fotografía tivo dende as súas orixes cos mecanismos de control social, en tanto que peza de arte presentada en ARCO por unha galería galega, pode verse tamén coma un intento de sacar tallada coas mesmas estratexias que poderían articularse no stand de Galicia na feira de turismo FITUR, que viña de realizarse no mesmo recinto.
E.L.