Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
air_port_art. Colección AENA de Arte Contemporánea

Atalaia

air_port_art. Colección AENA de Arte Contemporánea
air_port_art. Colección AENA de Arte Contemporánea
Editorial: Fundación Luis Seoane (A Coruña)
Data de publicación: 2013

 

Características: 211 páxinas. Galego, español.

Prezo:  10€

Catálogo da exposición air_port_art, unha escolla de perto de cen pezas de entre as máis de mil seiscentes das que consta a Colección AENA de Arte Contemporánea. Neste caso, reuníronse obras realizadas ao longo das dúas últimas décadas por trinta e catro artistas nacionais e internacionais en distintos soportes y formatos: fotografía, escultura, vídeo creación, debuxo, pintura, etc., predominando esta última, o que permite realizar, entre outras lecturas, un seguimento da evolución do traballo daqueles pintores españois que se consolidaron nos anos oitenta.

Artistas participantes en air_port_art: José Manuel Ballester, Miquel Barceló, José Manuel Broto, Pedro Calapez, Miguel Ángel Campano, Daniel Canogar, Joan Cortés, Alberto García-Álix, Pablo Genovés, Susy Gómez, Dionisio González, Luis Gordillo, Jan Hendrix, Federico Herrero, Pello Irazu, Antón Lamazares, Chema Madoz, Roberto Matta, Antonio Murado, Paloma Navares, Miquel Navarro, Juan Navarro Baldeweg, Manolo Paz, Jaume Plensa, Fabrizio Plessi, Bernardí Roig, Álvaro Sánchez-Montañés, Soledad Sevilla, José María Sicilia, Santiago Sierra, Darío Urzay, Juan Uslé, Darío Villalba e Tim White-Sobieski