Atalaia

Almudena Fernández Fariña, Lo que la pintura no es, Ed. Deputación de Pontevedra
Almudena Fernández. Lo que la pintura no es
Editorial: Deputación de Pontevedra
Data de publicación: 2011
ISBN: 978-84-8457-356-2
Páxina web

Almudena Fernández Fariña (Vigo, 1970), ofrece nas 411 páxinas do seu libro Lo que la pintura no es. La lógica de la negación como afirmación del campo expandido en la pintura, unha ampla e persoal reflexión sobre as convencións nas que se sustentou tradicionalmente a categoría de pintura, ademais dunha revisión das aperturas e derivas nas que, xa na actualidade, desenvólvese a súa práctica.

O texto, que foi galardoado no 2009 co Premio Deputación de Pontevedra á Investigación, na sección de Humanidades e Ciencias Sociais, forma parte, co número 28, da colección de ensaios Arte & Estética do Servicio de Publicacións da institución pontevedresa.