Atalaia

Francisco Mantecón. Paixón e cálculo
Francisco Mantecón. Paixón e cálculo
Editorial: Editorial Galaxia
Data de publicación: 2015
ISBN: 978-84-9865-581-0
Páxina web

O proxecto Francisco Mantecón. Paixón e cálculo concibiuse como una dobre vía, expositiva e editorial. Así pois, co gallo desta mostra, a Editorial Galaxia —de quen Mantecón foi colaborador histórico— publica un libro do mesmo título, con textos de varios autores —Francisco Sampedro, Antonio Doñate & X. Carlos Hidalgo, Manolo Figueras, Vítor Mejuto, Roque Lazcano Vázquez, Mar Vicente, Manolo Moldes, ademais dos comisarios da exposición, e directores do MARCO e Fundación Luis Seoane— sobre a figura e traxectoria de Mantecón, imaxes das súas obras, e unha selección de citas do artista extraídas de entrevistas en prensa entre os anos 1976 e 1994.

Fonte: MARCO

Artistas participantes
Francisco Mantecón