Atalaia

Portada da publicación
Xosé M. Buxán Bran. Desprazamentos
Editorial: Difusora de Letras Artes e Ideas (Ourense)
Data de publicación: 2014
ISBN: 978-84-92958-26-9
Páxina web

Encadernación en capa mole con lapelas completas. 80 páxinas

Idioma: Galego.

Prezo: 6 euros 

Desprazamentos. A viaxe como unha das belas artes reúne un conxunto de crónicas publicadas no seu día polo autor como críticas de arte en diversas cabeceiras da prensa galega. Na súa dobre condición de crítico e turista, Xosé M. Buxán Bran ofrécenos nestas páxinas un percorrido por variados espazos expositivos, compartindo co lectorado a súa interpretación das tendencias artísticas actuais.

As súas crónicas, escritas dende unha ollada aguda e amena, combinan o ensaio sobre o proceso creativo, a arquitectura, a produción ou a xestión cultural, coas experiencias vividas polo autor no seu periplo persoal.

O libro propón así unha andaina demorada por cidades e países, ofrecendo reflexións sobre arquitecturas e museos, pezas artísticas, creadores e coleccionistas, xestores culturais e políticos, coa finalidade de se converter nunha sorte de guía heterodoxa que acompañe as viaxeiras e os viaxeiros desexosos de descubrir os museos e centros de arte contemporánea que existen polo mundo. Barcelona, Londres, Bilbao, Montreal, Lisboa, Valencia, Porto, Madrid, París, Roma, León, Atenas, Nova York, Dublín, Huesca, Copenhaguen, Xenebra, Xixón, Kassel, Venecia, Münster ou Liverpool, son algúns dos destinos desta proposta que guiará o viaxeiro cultural e promoverá a reflexión no estudoso da arte.

Fonte: Difusora de letras, artes e ideas