NOTICIAS
O ACTOR RECIBIRá O GALARDóN DO GOBERNO DE ESPAñA XUNTO CON OUTRAS 34 SELECCIONADOS
16/12/2025
O Consello de Ministros ven de aprobar hoxe a lista de galardoados deste anos coa Medallas de Ouro ao Mérito nas Belas Artes, proposta polo ministro de Cultura, Ernest Urtasun. Entre as 35 personalidades e institucións do mundo da cultura está o actor lucense Luis Tosar (Lugo, 1971) . A Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes é un recoñecemento que distingue ás persoas e entidades que destacaran no campo da creación artística e cultural ou teñan prestado notorios servicios no fomento, desenvolvemento ou difusión da arte e a cultura ou na conservación do patrimonio artístico.
Amplía a nova
A XUNTA MANTéN INALTERABLE O ORZAMENTO DAS DúAS ANTERIORES CONVOCATORIAS
16/12/2025
O Diario Oficial de Galicia deste 16 de decembro publica a convocatoria de subvencións á creación audiovisual para a promoción do talento audiovisual galego. Esta liña de axudas, que ten o prazo aberto dun mes, mantén o orzamento inalterable das dúas anteriores convocatorias, achegando uns fondos de 176.000 euros a dividir nas dúas anualidades que comprende. Na convocatoria anterior, unha vez adxudicado todo o rozamento quedaron fóra ata o 90 cento das solicitudes presentadas. No relativo aos posibles proxectos beneficiarios e contías asignadas, nada muda respecto á convocatoria anterior, dividíndose entre proxectos de curtametraxes e de longametraxes, todas elas gravadas en versión orixinal en galego. A previsión de alcance, de 11 producións, tampouco muda respecto á anterior convocatoria, permitindo axudas ata a 8 proxectos de curtametraxes e 3 de longametraxes. Filmes en proxecto e outros pendentes de traballos de postprodución poden acollerse a estas liñas de axuda da Axencia Galega das Industrias Culturais, Agadic, da Xunta de Galicia.
Amplía a nova
O PROXECTO DE RECUNCHO GAMER CONTA CON 90 REFERENCIAS NO MOMENTO DO SEU LANZAMENTO
16/12/2025
O proxecto Recuncho Gamer acaba de facer público Xogalego, un catálogo que recolle os videoxogos realizados na nosa lingua. A iniciativa, que arrinca con noventa referencias, prevé se ampliar e chegar en breve a unhas duascentas. Segundo explica a entidade responsable, Xogalego "nace polas dificultades actuais para atopar xogos na nosa lingua en páxinas como Steam ou nas tendas de Sony, Nintendo ou Microsoft".
Amplía a nova
O DIRECTOR SERBIO OBTIVO OS PREMIOS DO XURADO E DO PúBLICO DO FESTIVAL PONTEVEDRéS CON
WIND TALK TO ME
15/12/2025
A décima xeira do festival Novos Cinemas fechaba as súas portas este 14 de decembro coa entrega dos seus galardóns. O filme
Wind Talk To Me, dirixido polo serbio Stefan Djordje impúxose no certame ao obter o Premio Novos Cinemas e mais o do público.
Amplía a nova
O AUTOR ACADOU A SéTIMA EDICIóN DO PREMIO DANIEL DOMíNGUEZ COA HISTORIA DE INTRIGA 'MONSTROS'
15/12/2025
O VII Premio Daniel Domínguez de Guión en Galego que convoca a Asociación Galega de Guionistas recaeu este ano en Benigno López Moure, pola súa obra 'Monstros'. O galardón organizado por AGAG, coa colaboración da Fundación SGAE e o apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia, está dotado con 2.000 euros. Xunto á obra gañadora, tamén foron recoñecidas como finalistas: 'Amparo, pero non olvido', de Luis Miles e 'Onda tras onda', de Daniel Cornes. Do traballo gañador o comité avaliador destacou "o dominio impecable dos códigos do thriller, a profundidade psicolóxica dos personaxes e a valentía de abordar unha temática incómoda cunha mirada autoral comprometida coa complexidade moral da historia". No acto de entrega do galardón celebrado o venres pasado na sede da SGAE de Santiago de Compostela, participou o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, para expresar o apoio do Goberno galego ao labor da escrita individual como punto de partida determinante dos proxectos que chegan con éxito ás pantallas. Con esta nova edición do premio, AGAG reafirma o seu obxectivo de impulsar a creación de contidos en galego, apoiando o traballo das autoras e autores e fortalecendo a presenza da nosa lingua no audiovisual.
Amplía a nova
O FILME FOI RECOñECIDO POLA REVISTA THE NEW YORKER COMO MELLOR PELíCULA DO ANO
09/12/2025
O filme Sirât do realizador galego Oliver Laxe vai engadindo co paso das semanas máis méritos que afianzan o incuestionable do seu éxito e impulsan a película de cara aos premios Oscar da industria estadounidense. Nos galardóns Globos de Outro, convocados pola Asociación da Prensa Estranxeira en Hollywood o filme Laxe ven obter dúas candidaturas finalistas. Unha delas, a de Mellor Película de Fala non inglesa, mentres que na outra será a potente e presente banda sonora asinada por Kangding Ray a que aspira a galardón. Ademais disto o filme foi designado pola prestixiosa revista The New Yorker, como a mellor longametraxe deste ano 2025.
Amplía a nova