NOTICIAS
AS PROPOSTAS SELECCIONADAS TERáN 5 DíAS PARA RODAR E MONTAR UNHA PEZA AUDIOVISUAL AMBIENTADA EN OURENSE
12/06/2025
Faíscas é o nome que a organización do Ourense Film Festival lle deu á súa primeira residencia audiovisual. Esta proposta, dirixida a persoas de menos de 30 anos, permitirá ás propostas seleccionadas desenvolver os seus proxectos de filmes, para o que disporán de 5 días de rodaxe e montaxe.
Amplía a nova
O FESTIVAL COMEZARá CON 'ARIEL' DE LOIS PATIñO E DEDICARá UNHA SESIóN A ADRIáN CANOURA
11/06/2025
O Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto, organizado polo Concello de Santiago de Compostela inaugurarase o vindeiro 1 de xullo coa estrea estatal do último traballo de Lois Patiño, Ariel. Será o comezo dunha vixésimo segunda edición reformateada do evento, que cambia en canto a datas e tamén na súa formulación espacial, combinando entre o 1 e o 6 de xullo a súa programación nas sedes habituais coa presenza no espazo público da capital galega. O festival ven de dar a coñecer moitas das claves da súa programación, desde a citada película de inauguración ata os filmes participante na sección Planeta GZ, dedicada ao cinema galego. Ademais tamén deu a coñecer os filmes dos creadores emerxentes participante na sección Supernova. A sesión especial Terra estará dedicada este ano ao cineasta e artista visual Adrián Canoura.
Amplía a nova
A AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS TEN ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE ATA O 9 DE XULLO
10/06/2025
O Diario Oficial de Galicia deste 9 de xuño publicaba as bases das subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais galegos. Esta liña de axudas conta en 2025 cun orzamento total de 300.000 mil euros, 140.000 menos do que no ano anterior, cando a Axencia Galega das Industrias Culturais ampliara o crédito previsto inicialmente para as mesmas.
Amplía a nova
O FILME DE ÓLIVER LAXE PODERASE VER EN MáIS DE 140 PANTALLAS DE ESPAñA
06/06/2025
Máis de 140 salas de cine de todo o territorio español proxectarán hoxe 'Sirat. Trance en el desierto' o novo filme de Oliver Laxe. Xa designada como "a película máis agardada do ano", 'Sirat' chega aos cines tras o seu exitoso paso polo Festival Internacional de Cannes, onde acadou o Premio do Xurado, e polos antecedentes do seu laureado realizador. O filme, unha produción de Movistar+ coa produtora dos irmáns Almodovar, El Deseo, contará cunha importante distribución por todo o país. As principais salas de Galicia, nas catro provincias, acollerán hoxe a estrea desta longametraxe, nalgunhas delas, coma na NUMAX, programaranse pases que contarán coa presenza do director, Oliver Laxe, para establecer un coloquio cos espectadores.
Amplía a nova
O GALARDóN á ACCIóN CULTURAL POLA IGUALDADE DE XéNERO DA DEPUTACIóN DA CORUñA ESTá DOTADO CON 6.500 EUROS EN CADA CATEGORíA
05/06/2025
A Deputación da Coruña daba a coñecer este 4 de xuño o fallo do IX Premio Begoña Caamaño á acción cultural pola igualdade de xénero. A produtora audiovisual Illa Bufarda fíxose co galardón que recoñece unha traxectoria, mentres Mala Herba Producións obtivo o que se destina á mellor iniciativa. Cada unha das categoría conta cunha dotación de 6.500 euros.
Amplía a nova
A ENTIDADE PRESENTOU UNHA DIRECTIVA CON AMPLA PRESENZA FEMININA
02/06/2025
A Academia Galega do Audiovisual daba a coñecer este 30 de maio a composición da súa nova xunta directiva. A actriz Lucía Veiga presidirá a entidade ao longo dos vindeiros dous anos, sendo a terceira muller que ocupa o cargo.
Amplía a nova