
Actor
Nome completo: Manuel María Romón Alonso
Vigo (Pontevedra) 1956
Poeta, columnista, letrista musical e colaborador como escritor en iniciativas de artes plásticas, é un artista multidisciplinar que no audiovisual destaca como intérprete e presentador. Comezou a primeiros dos oitenta con producións experimentais en Super-8 (Cementerios marinos) e despois iría pasando a outros formatos, guionizando producións de video (Bremen onde) e programas de TV, participando en curtas (Flores nocturnas) e en magazines diversos da canle autonómica (Latrica, latrica). Na TVG comezara presentando os concursos diarios Pasiño a pasiño (1993) e Vas dado (96-96). Desde 1996 até a actualidade ten colaborado estreitamente co programa Xabarín Club e os seus actos ao vivo. Tamén presentou documentais, como a serie de 13 capítulos Galicia a rentes do ceo (PROA, 2001-02).
FILMOGRAFÍA
- Libro aberto (2006)
- Periféricos (2006)
- Miraxes (2006)
- O show dos Tonechos (2005)
- Galicia a rentes do ceo (2005)
- Libro de familia (2004)
- Máxima audiencia (2004)
- Mancheas de terra (2003)
- Fíos (2001)
- Televisión total (2000)
- Galicia Exprés (2000)
- Os vixilantes do camiño (1999)
- A noite en blanco (1998)
- Todos a bordo (1998)
- Mandatruco (1996)
- Pratos combinados (1995)
- Xabarín Club (1994)
Videos | Ver 2 videos de Manolo Romón
Galería de imaxes | ver As 12 fotos de Manolo Romón
NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Manolo Romón (4)
Data: 22 / 10 / 2021
O Premio de Normalización Lingüística San Martiño recoñece a Rompente
Data: 21 / 10 / 2021
'Rompente' volve esta semana tras 40 anos
Data: 15 / 5 / 2013
Coidado coas espiñas
Data: 2 / 11 / 2006
A mediados dos anos setenta, "Rompente" un grupo de afoutos mozos rachou todas as convencións da poesía galega