
Guionista
Nome completo: Xosé Carlos Cermeño
A Coruña 1959
Creador e director de “Pratos Combinados”, estreada en 1995, é tamén o “pai” doutras teleseries como “Avenida de América”. A súa carreira está moi ligada á TVG, onde comezou colaborando como guionista en 1986, no programa “O mellor” que presentaba Manolo Rivas. Nesta canle traballou ademais como documentalista e editor. É autor de numerosas publicacións entre as que se destacan os xéneros de narrativa e divulgación, e foi artiguista para diversos xornais e revistas. Tamén ten experiencia no eido da publicidade.
FILMOGRAFÍA
- Larpeiros (2008)
- Efectos secundarios (2007)
- Avenida de América (2001)
- Pratos combinados (1995)
- Roque das Goas (1990)
- Arroz con chícharos (1990)
- Herminia da Ponte (1989)
- O verdugo (Os outros feirantes) (1989)
- O mellor (1986)
NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Xosé Cermeño (5)
Data: 6 / 2 / 2007
Cinco realizadores galegos asistirán a unha xuntanza da SGAE para analizar o borrador da Lei do Cine
Data: 9 / 2 / 2006
A Fundación Caixanova organiza un obradoiro de guión dirixido por Xosé Cermeño
Data: 26 / 3 / 2004
O ilustrador Xan López Domínguez publica dous libros para nenos en Taiwán
Data: 1 / 3 / 2004
Traducida ao coreano unha obra de xénero infantil de Xosé Cermeño
Data: 18 / 12 / 2002
Paula Cons recibe o premio do certame de guións da Fundación Araguaney no marco das xornadas sobre o guión