Dirección
Nome completo: Manuel Francisco Rañal Loreiro
Ferrol (A Coruña) 1967
Guionista, realizador e director de fotografía. Ten experiencia en TV en publicidade, pero é máis coñecido como director de curtametraxes, labor que desenvolve desde mediados dos noventa nunha exígua pero persoal filmografía que lle valeu diversos premios.
Premios e recoñecementos: As súas curtas mereceron numerosos premios e seleccións en festivais. Consulta a ficha de cada produción para velos en detalle. Ademais, o seu indicativo de trinta segundos “Dios aprieta pero no ahoga” (1993) foi premiado no I Concurso de Indicativos de “La 2” de TVE.
Formación específica: Técnico especialista en cámara pola Escola de Imaxe e Son da Coruña (1993). Tamén ten asistido a cursos e seminarios relacionados co audiovisual, tanto en fotografía como en realización e dirección.
FILMOGRAFÍA
- Dentro de cada un de nós (2007)
- Inútil (2001)
- Domingo (1999)
- Coruña imposible (1995)
NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Paco Rañal (4)
Data: 5 / 4 / 2011
Un ciclo exhibirá a creatividade da curtametraxe galega
Data: 23 / 8 / 2006
A sexta proxección de “Curtocircuíto na Rúa” presenta unha retrospectiva dos traballos emitidos
Data: 12 / 12 / 2001
As produccións audiovisuais de formato curto amosan o seu vigor e calidade
Data: 4 / 4 / 2001
O CGAI premia "Coruña Imposible" como mellor curta galega da década