A comezos dos anos oitenta iniciou a súa actividade na banda deseñada, coa participación en publicacións como "Aula Aberta", "Tintimán", "El Correo Gallego" ou "Atlántico Diario". Creou o fanzine "Valium dez", auténtico referente na banda deseñada dos oitenta, e a revista "Das Capital". Ademais realizou como debuxante os álbumes "Os viaxeiros do tempo" e a serie "Un misterio para Simón", até o momento a máis longa editada en Galicia. Ten levado a cabo numerosos traballos como ilustrador e deseñador gráfico. É o director artístico da revista "Golfiño", tanto na súa primeira (ed. Xerais) como segunda etapa (ed. La Voz de Galicia).
Palmarés
Premio Ourense de BD 1996 da Casa da Xuventude de Ourense pola súa traxectoria. Premio Ourense de BD 2002 para a revista "Golfiño" de La Voz de Galicia.