» banda deseñada »  autores
oti.jpgOti Ríos, Francisco
Cabanas (A Coruña)  1954   
Teléfono: 609 807 602 / 981 891 686
Paco Oti
Debuxante
Debuxante, deseñador gráfico e deliñante. Colaborou con "Teima", "Can sen dono", "As Roladas", "El ecologista" e "El patito feo". Traballou na realización do "I Seminario Galego do Humor" celebrado en Sada. Na actualidade desenvolve unha actividade esporádica na banda deseñada. Estas son algunhas das numerosas exposicións de BD nas que participou: Banda Deseñada, I exposición de cómic (A.C.Roi Xordo, Ferrol - 1977) con Xaquín Marín e Alberte Permuy; diversas mostras en Fene, Pontedeume, Ferrol, Alemaña e Bélxica en 1984; colectiva no Museo do Humor (Fene - 1985), retrospectiva de toda a súa obra (Teatro Principal, A Estrada - 2002), Humor Cru (Museo do Humor, Fene - 2003).

Palmarés
Gañou o premio Culturagalega.org - BD Banda (2002).

Formación específica
Certificado en Teatro, Vídeo e Artes Plásticas pola Escola de Estiu de Animació Sociocultural Interacció-84, Barcelona. Colaborador e asistente ao I Congreso Galego de Animación sociocultural, Santiago de Compostela (Xunta de Galicia).
publicacións


  Noticias relacionadas

As Clásicas Desfeitas revisan a Shakespeare e Eurípides
Publicado o 17 / 2 / 2025
Evaristo Calvo métese no Ricardo III na montaxe de Excéntricas coa que se inicia unha nova edición do ciclo
O Álbum de Galicia engade unha nova entrada sobre Castelao
Publicado o 13 / 2 / 2025
Henrique Monteagudo revisa a biografía do intelectual, artista e político co gallo do Ano Castelao
A Xunta engade unha enquisa a pais sobre lingua para o novo Plan de Normalización
Publicado o 6 / 2 / 2025
Foi realizada a proxenitores con fillos en idade escolar
Astiberri publicará en galego O corpo de Cristo de Bea Lema
Publicado o 6 / 2 / 2025
Novos traballos de Pablo Carreiro, David Braña e Norberto Fernández chegan ás librarías
O 'eterno presente' da cultura popular
Publicado o 6 / 2 / 2025
A exposición 'Ollos de vidro' amosa as resiliencias e resistencias da arte galega ao longo de cen anos
Unha viaxe hipnótica ao redor da queimada
Publicado o 30 / 1 / 2025
O CCG publica os carteis da Queimada Popular de Cervo ilustrados por Xosé Vizoso
Xosé Vizoso, o artista agochado
Publicado o 29 / 1 / 2025
O Día da Ilustración reivindica un creador que marcou coas súas propostas icónicas a paisaxe cultural do país

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org