» banda deseñada »  autores
neveira.jpgBenito González, Alejandro Germánico
     
Xermánico
Debuxante
Comezou facendo historietas nos números 1, 3,4 e 5 do fanzine Fuck Comics coa personaxe Jañán Busca Jaca.
En 2011 realizou unha BD incluída na edición especial Balls of steel do videoxogo Duke Nukem Forever e mais unha miniserie de catro números baseada no mesmo xogo para a editorial estadounidense IDW. Compilouse despois nun só volume.
Ao ano seguinte fixo un álbum para a editora francesa Les Deux Royaumes, baseado no xogo Might&Magic Heroes VI, co título Might&Magic Heroes: t1 Soeurs de Sang.
En 2012 tamén debuxou as capas dos números 3 e 4 da serie Kiss de IDW. Ilustrou o capítulo 14 da serie Arrow en edición en liña, previsto para se incluir no número 5 da edición impresa, para a editora norteamericana DC comics.
Xa en 2013 recuncou nas tapas de Kiss, encargándose das entregas sétima e oitava, e fixo os episodios 17 e 21 de Arrow en liña. O primeiro deles prevese incluir no sexto número da edición en papel.
publicacións


  Noticias relacionadas

Unhas letras para a música
Publicado o 23 / 5 / 2022
O sitio para a escena musical galega nas bibliotecas aínda está por normalizarse na nosa produción editorial

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org