» banda deseñada »  autores
David Rubín
Debuxante
Debuxante e animador, comezou na ourensá Limaía Produccións e foi director de animación para a produtora coruñesa Dygra, pero é máis coñecido como autor de BD, xa que é un dos máis prolíficos de Galicia. Cofundador do colectivo Polaqia en 2001, debutou cunha historia escrita por Kike Benlloch no álbum colectivo Mmmh!!. Contou con series propias nas principais revistas galegas: BD Banda (desde 2001) e Barsowia (desde 2003). Foi o autor de Os Kinkilláns, unha das series máis populares da segunda etapa de Golfiño (La Voz de Galicia). Cómics seus viron a luz en innumerables publicacións como Tos, Huevo, El fanzine enfermo, Humo, Interzona (2007), Ex Abrupto (2008). Foi un dos autores que máis contribuiu á segunda época da revista Dos veces breve. El circo del desaliento (Astiberri 2005) foi o seu primeiro álbum persoal, e incluía en castelán a historia Onde ninguén pode chegar publicada unitariamente en galego por Lea en 2006. La tetería del Oso Malayo foi o seu segundo álbum (Astiberri 2006), tamén artellado arredor de varias historias curtas xunto a unha extensa.

Entrevista a David Rubín en Entrecomics (2007)

Palmarés
Levou o segundo premio no XV Concurso Galego de Banda Deseñada Xuventude 99 coa obra Penso en ti e o resto é sinxelo. Gañou o primeiro premio das Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, na categoría de 22 a 30 anos, nos anos 2000 (por A sombra xigante que me afoga) e 2002 (por Antón ardendo) e mais o cuarto premio en 2001. Premio Ourense ao mellor autor afeccionado (Casa da Xuventude de Ourense, 2000). Gañador en xaneiro de 2003 do VIII Certame de Cómic de Arteixo, correspondente ao ano 2002. Gañador en marzo de 2004 do IX Certame de Cómic de Arteixo coa historia O segundo que ía dicirche. En 2004 fíxose co segundo premio do certame Na Vangarda (Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade) polo relato breve Corredora feito en equipo con Emma Ríos. Gañador en 2005 do I Premio Castelao de BD (Deputación Provincial da Coruña) coa novela gráfica Onde ninguén pode chegar. Venceu tamén en 2005 no certame Na Vangarda coa historia curta Patacas. Gañador do Premio Josep Toutain ao Mellor Autor Novel no Salón Internacional do Cómic de Barcelona 2007, pola súa novela La tetería del Oso Malayo. Este mesmo título valeulle o premio da crítica española á mellor obra nacional de 2006 e mais ser finalista no Premio Nacional de Cómic concedido en 2007. Polo primeiro volume de El Héroe foi recoñecido co premio da crítica española, anunciado en Aviles en 2011. A mesma obra valeulle o galardón á mejor obra nacional de 2011 no Salón do Cómic de Zaragoza.

Formación específica
Estudou na Escola de Arte Antonio Failde (Ourense).
publicacións
Álbum
Beowulf
Debuxante,
Álbum
El Héroe
Debuxante, Guionista,
Álbum
Uxío Novoneyra: A voz herdada
Debuxante,
Álbum
El monte de las ánimas
Debuxante, Guionista,
Álbum
Enfermo
Debuxante, Guionista,
Catálogos e manuais
Historieta Galega 1973-2008
Debuxante,
Álbum
Romeo y Julieta
Debuxante, Colorista,
Álbum
Cuaderno de Tormentas
Debuxante, Guionista, Colorista,
Álbum
Hors d´atteinte
Debuxante, Guionista,
Catálogos e manuais
10 anos de BD galega
Debuxante,
Revista ou comic-book
BD Banda vol.2
Debuxante, Portadista,
Álbum
Dove nessuno può arrivare
Debuxante, Guionista,
Álbum
Historias del olvido
Debuxante,
Fanzine
*!*
Ilustrador,
Catálogos e manuais
Salón do Cómic de Cangas: Dez Anos de Viñetas
Ilustrador,
Catálogos e manuais
La historieta gallega
Debuxante,
Álbum
Onde ninguén pode chegar
Guionista, Debuxante,
Álbum
La tetería del Oso Malayo
Debuxante, Guionista,
Revista ou comic-book
Corazón de Tormentas
Guionista, Debuxante,
Álbum
Barsowia en llamas
Portadista, Debuxante, Guionista,
Álbum
Capital
Debuxante,
Álbum
El circo del desaliento
Debuxante, Guionista,
Álbum
Na Vangarda
Portadista, Debuxante,
Revista ou comic-book
A prueba de balas
Ilustrador,
Revista ou comic-book
Barsowia
Guionista, Debuxante, Ilustrador, Portadista, Editor,
Álbum
H2Oil
Debuxante, Guionista,
Fanzine
Carne líquida
Ilustrador,
Revista ou comic-book
BD Banda vol.1
Guionista, Debuxante,
Álbum
Mmmh!!
Debuxante,
Revista ou comic-book
Certame de cómic de Arteixo
Debuxante, Guionista,
Revista ou comic-book
Golfiño
Guionista, Debuxante,
Revista ou comic-book
O Fanzine das Xornadas
Debuxante, Guionista, Portadista,
Revista ou comic-book
Concurso galego de BD (varios títulos)
Debuxante,


  Noticias relacionadas

Chegan ás librarías os novos proxectos internacionais de Miguelanxo Prado e David Rubín
Publicado o 24 / 5 / 2024
A saga A espada de San Eufrasio ve a luz nunha edición integral en galego
A BD galega volta ao festival Cómic Barcelona cun posto da Consellería de Cultura
Publicado o 3 / 5 / 2024
O departamento da Xunta anuncia a promoción de oitenta títulos e de eventos como Viñetas desde o Atlántico
A diferenza dos fanzines
Publicado o 25 / 1 / 2024
Ramón Mariño Fernández presenta unha obra pioneira sobre as propostas galegas de autoedición
David Rubín renuncia ás súas candidaturas nos Premios da Crítica do Cómic
Publicado o 5 / 9 / 2023
O autor reivindica con esta acción unha maior presenza de autoras de BD nestes galardóns
O XXVIº Viñetas xa ten programa completo
Publicado o 2 / 8 / 2023
Inclúe un novo ciclo de cinema de animación, unha audioficción e un concerto ilustrado dentro das actividades paralelas
Paula Mayor Art faise co XVIII Premio Castelao de BD
Publicado o 19 / 7 / 2023
Cristian F. Caruncho obtivo o galardón na modalidade infantil e xuvenil
A mostra Picasso protagonista achega á BD o traballo do pintor
Publicado o 15 / 6 / 2023
Obras de 40 artistas poden verse na sede compostelá de Afundación ata o 2 de setembro

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org