» banda deseñada » entidades
imaxe non dispoñible
Rúa da Peregrina, 29
Pontevedra36001
España


Teléfono: 986 86 04 71

Web:
Correo electrónico: libreriapaz@verial.es
Paz
Libraría especializada
Libraría merecedora en 2006 do Premio Ourense de Banda Deseñada, con que cada ano a Casa da Xuventude e mais a Concellaría de Cultura de Ourense distinguen unha iniciativa dentro do cómic galego. A Libraría Paz, á fronte da cal se encontra Cano Paz, ten sido unha das pioneiras no país en prestar atención especializada á BD. A tenda distinguiuse por ser unha das grandes difusoras do medio, percorrendo Galicia a través de feiras e eventos de todo tipo. En 1990, Cano Paz decidiu de xeito pioneiro dedicar á banda deseñada boa parte da libraría fundada polos seus pais (Isidro Paz e Dolores García) en 1967. Ademais de ter levado a BD a moitos lugares, Cano e a Libraría Paz están detrás do proxecto BD Banda desde os seus inicios.


  Noticias relacionadas

Preséntase en sociedade o Foro Galicia Crea
Publicado o 5 / 12 / 2025
A nova entidade nace da man de profesionais da ciencia, a tecnoloxía e a cultura
CGAC e Es Baluard Museu de Palma presentan a súa primeira exposición conxunta
Publicado o 5 / 12 / 2025
Jannis Kounellis. Labirinto sen paredes explora o legado do máximo expoñente da Arte Póvera
O Museo de Pontevedra exhibirá as estatuas dos profetas do Pórtico da Gloria
Publicado o 5 / 12 / 2025
Incorpora á súa exposición permanente as imaxes de Enoc e Elías realizadas polo obradoiro do Mestre Mateo
Andrés Rivas Rodís obtén a I Residencia ArtLab IGFAE
Publicado o 3 / 12 / 2025
O artista disporá de 8.000 euros e dun espazo de traballo para desenvolver o proxecto Outro e sobre si
AGalega.gal estrea a miniserie No seu lugar, outro
Publicado o 3 / 12 / 2025
A proposta combina olladas literarias e do audiovisual para reflexionar sobre o espazo que habitamos
Teatro do Noroeste estrea en Narón Manual de patronaxe
Publicado o 3 / 12 / 2025
A nova montaxe pode verse os días 5 e 6 no Pazo da Cultura
O concello de Santiago recibe formalmente as esculturas do mestre Mateo
Publicado o 3 / 12 / 2025
A partir do 11 de decembro poderanse visitar no Museo do Pobo Galego antes da decisión sobre a súa localización definitiva

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org