» banda deseñada »  publicación
Controla
2005 | Revista ou comic-book

 

Guía para reducir riscos no consumo de drogas inxectables. Un manual en forma de banda deseñada, de distribución gratuíta. O protagonista explica unha serie de hábitos de consumo que axudan a reducir os posibles danos, como por exemplo nunca compartir material para inxectarse droga, as zonas do corpo con especial risco neste hábito, etc.
A idea orixinal e dirección médica corresponde a César Pereiro Gómez, da Unidade Asistencial de Drogodependencias da Coruña (ACLAD). A dirección editorial é de Xosé Lorenzo Regal. Edita a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellaría de Sanidade (Xunta de Galicia).

FICHA TÉCNICA

Santiago de Compostela, 2005
Textos en Galego
Edición rematada
Periodicidade Única
Depósito legal: C-2297-05
ISBN: Carece
ISSN: Carece
Categoría: Revista ou comic-book
Formato: Grampado, 18 x 25 cm, 24 páxinas, interior a cor, capas a cor
PVP: 0 euros
Tiraxe: 10000 exemplares
Distribución: Xunta de Galicia
Entidade: Xunta de Galicia,

autores

sendonluis2.jpg
Sendón, Luís
Guionista
Debuxante




  Noticias relacionadas

O 3x1 da Pena Corneira
Publicado o 13 / 9 / 2024
A escavación do histórico castelo da Pena Corneira desvela un poboado tardorromano e outro do Calcolítico nas proximidades
A dificultade de manter a arte en público
Publicado o 9 / 8 / 2024
A Illa das Esculturas de Pontevedra cumpre 25 anos coas agresións e a incomprensión como principais retos
Memoria das escritas de hoxe
Publicado o 24 / 6 / 2024
O Arquivo Euseino? pon o foco nos procesos da creación literaria a custodiar notas e cadernos de traballo de autoras en activo
Toda a historia que pode entrar en 16 hectáreas
Publicado o 4 / 6 / 2024
Un recinto arqueolóxico en Vilar de Barrio permite identificar unha colosal fortificación da Idade do Bronce e un asentamento temporal ligado ao primeiro dominio romano da Limia
Máis alá das fontes (escritas)
Publicado o 16 / 4 / 2024
A escavación no monte de San Cibrán (Salceda de Caselas / Ponteareas) revela unha fortificación habitada na Alta Idade Media
Cerámica con signos de identidade
Publicado o 2 / 2 / 2024
Unha pequena intervención no castro da Cividade (Cerdedo-Cotobade) revela a dilatada ocupación do xacemento
O making of da identidade dun país
Publicado o 13 / 10 / 2023
O deseñador comenta cinco dos proxectos amosados na exposición A cociña de Barro

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org