Intensa historia poético-social protagonizada por unha galería de seres antropomórficos na que destacan Dinky e Birdboy, unha ratiña e un rapaz-paxaro. Ambos ansían fuxir dun contorno asfixiante, escapar dunhas vidas alienadas. A falta de expectativas laborais, a censura sobre quen é percibido como fóra da norma, a querencia por sustancias psicoactivas ou un penoso medio natural conforman o ámbito en que se moven os personaxes desta historia na que non falta a ternura, a amizade, o amor e a esperanza por atopar, noutro lugar, un mellor porvir. En xaneiro de 2012 este título alcanzou a súa terceira edición.
Idade recomendada: 16+
Para saber máis sobre esta obra calca aquí FICHA TÉCNICA
País Vasco, 2006
Textos en castelán
Edición rematada
Periodicidade única
Depósito legal: BI-486-06
ISBN:
ISSN:
Categoría: Álbum
Formato: rústica con lombo, 17 x 24 cm, 104 páxinas, interior en branco e negro, capas a cor
PVP: 12 euros
Tiraxe: 1500 exemplares
Distribución: toda España
Entidade:
,
autores
Noticias relacionadas
Unhas letras para a música
Publicado o 23 / 5 / 2022
O sitio para a escena musical galega nas bibliotecas aínda está por normalizarse na nosa produción editorial