O
FOTÓGRAFO/
DELMI ÁLVAREZ
|
|
Delmi
Álvarez é na actualidade un fotoxornalista freelance.
A súa actividade como xornalista e reporteiro gráfico conxúgaa
coa impartición de cursos, conferencias e seminarios. A súa
experiencia profesional no xornalismo gráfico está presidida
polo estilo do documentalismo e do retrato das sociedades cambiantes.
Foi editor gráfico no desaparecidoDiario de Galicia (1985-87) e
na actualidade traballa para a axencia gráfica Associated Press
e dá clases de Fotoxornalismo na Escola de Imaxe e Son de Vigo.
É autor de varios libros e proxectos de documentalismo. Entre os primeiros, un dramático e visual libro sobre a guerra na antiga Iugoslavia, onde participou como correspondente de guerra. Como proxectos, Delmi realizou un proxecto sobre os Meninos da Rúa que malviven en Salvador de Bahía, no ano 1996. É gañador de dous dos prestixiosos premios Fotopress. Foi fundado do Seminario Galego de Fotoxornalismo. É a ollada da porta de atrás: a humanidade sempre retratada no seu sufrimento e a súa alegría. As súas instantáneas son flashes nas que a composición do espacio non é máis que a casualidade case espontánea. Mesmo cando algún protagonista é retratado por Delmi no seu entorno, semella que non fai outra que desempeñar outra cousa que a súa vida cotiá. Aí está moito da explicación da súa forza como documentalista gráfico. Ás veces é épica, ás veces é miseria, en Galegos na diáspora moitas outras é desarraigo e soidade. A segunda clave, a relevancia dos recordos das fotografías. É parte da súa presencia como fotoxornalista, a expresión da historia que está detrás de cada imaxe. Delmi anota nos seus cadernos e nos pés de fotos pequenas reflexións e anécdotas que dotan de máis senso o que se pode ver en branco e negro. Comezou
o proxecto "Galegos na diáspora" no ano 1989, en Europa. Dende
entón, xa son moitos os kilómetros e as investigacións
arredor deste proxecto. Naceu no ano 1958 en Vigo. A esencia urbana
e viaxeira de Vigo marca parte da súa obra. Pero Delmi, como
todo bo fotoreporteiro, é de moitos sitios ó mesmo tempo.
...e a nosa visión: É difícil atopar xente tan ilusionada como Delmi Álvarez á hora de abordar un proxecto web. Este podería ser un proxecto moi persoal, moi centrado na persoa e no seu traballo, pero é difícil escapar do entusiasmo que Delmi lle pon á súa viaxe e non sentirse dentro do seu equipo. Un mapa de África nas nosas paredes amósanos praias ecuatoriais, sabanas, desertos e portos. . Este verán viviremos con Delmi en África dende a nosa redacción en Santiago. Agardemos que ti tamén nos acompañes. Gráfica:
Miguel Alonso e Manuel Gago
|
|
||||||||