1868-1874: Sexenio Democrático

1868: setembro, derrocamento da monarquía de Isabel II.
1868: outubro, Carlos Manuel de Céspedes proclama a independencia de Cuba no enxeño azucreiro “La Demajagua”. Comezo da primeira guerra pola independencia da illa: “La Guerra Grande”.
1869: Constitución democrática de 1869.
1871: Amadeo de Saboia é proclamado rei de España.
1871: decembro, fúndase na Habana a “Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia”, primeira sociedade mutual galega en América.
1873: febreiro, proclámase a Primeira República.
1874: decembro, tras o pronunciamento do xeneral Martínez Campos, Afonso XII é proclamado rei de España.

1875-1898: A época dourada da Restauración

1876:
Constitución de 1876, inaugúrase do réxime da Restauración baseado no turno pacífico do Partido Liberal e do Partido Conservador; alternacia política ficticia sobre a base real do caciquismo.
1878: febreiro, sinatura da Paz de Zanjón, que pon fin á primeira guerra pola independencia de Cuba.
1878: Waldo Álvarez Insua funda na Habana o semanario El Eco de Galicia.
1879: Fúndase o Centro Gallego da Habana.
1879-1880: novo conflito armado pola independencia de Cuba: a “Guerra Chiquita”.
1883: Manuel Lugrís Freire chega á Habana.
1885: febreiro: comeza a publicarse na Habana o semanario Galicia Moderna.
1885: xullo: comeza a publicarase na Habana A Gaita Gallega, primeiro xornal integramente en galego publicado na emigración. Estaba dirixido por Ramón Armada Teijeiro (Chumín de Céltigos) e Manuel Lugrís Freire (Roque d´as Mariñas).

1885-1898: O devalo da Restauración

1885
: novembro, morre Afonso XII. Rexencia da raíña María Cristina.
1894: abril, comeza a publicarse na Habana La Tierra Gallega, semanario dirixido por Manuel Curros Enríquez.
1895: febreiro, comeza a guerra definitiva pola independencia de Cuba.
1896: Manuel Lugrís Freire retorna de Cuba.
1897: fúndase na Coruña a Liga Gallega, na que participa Manuel Lugrís.
1898: abril, perante o intervencionismo norteamericano en Cuba, España declara a guerra aos Estados Unidos.
1898: xullo, a escuadra española é derrotada en Santiago de Cuba polas forzas navais dos Estados Unidos.
1898: decembro, sinatura do Tratado de París, polo que España perde Cuba, Porto Rico e Filipinas. Cuba queda baixo a administración dos Estados Unidos.


1898-1923: Crise do sistema político da Restauración

1902:
maio, proclamación da República de Cuba.
1902: xullo, aparece na Habana a revista Galicia, que pervivirá até 1930.
1903: xaneiro, morre Práxedes Mateo Sagasta, xefe do Partido Liberal. Coa desaparición dos grandes líderes os partidos divídense en faccións e o sistema da Restauración entre en crise.
1903: Afonso XIII é proclamado maior de idade e comeza o seu reinado efectivo.
1905: xuño, nace na Habana a “Asociación Iniciadora y Protectora de la Real Academia Gallega”, que ten a Curros Enríquez e a Fontenla Leal como iniciadores.
1906: créase a Real Academia Galega.
1907: constitúese a Solidaridad Gallega, coalición dos elementos políticos que se atopan fóra do sistema da Restauración. Publican A Nosa Terra.

1912-1923: A época das Irmandades


1912: Presidente do Goberno, o ferrolán José Canalejas, é asasinado.
1916: nacen as Irmandades da Fala. Segunda xeira d´A Nosa Terra.
1917: onda revolucionaria: formación de Xuntas militares, folgas xerais e asemblea dos parlamentarios contra o Goberno.
1918: celébrase en Luga a primeira Asemblea Nacionalista.
1921: o exército español é derrotado en Annual (Marrocos).
1922: división política das Irmandades da Fala: nace a Irmandade Nacionalista Galega.
1923: créase o Seminario de Estudos Galegos.
1923: setembro, golpe de Estado do xeneral Primo de Rivera.