Documento sin título
culturagalega.org
logo letras galegas 2006 Free CSS Navigation Menu Designs 2 at exploding-boy.com

Inicio > A Coruña > Quen é quen > Basilio Álvarez

A emigración cubana

Se houbo na Galiza do século XX un orador que encéndese ás masas, ese foi Basilio Álvarez, coñecido como o “cura de Beiro”. Estuda no Seminario de San Fernando de Ourense e fórxase como periodista na corte madrileña, onde chegou a fundar o diario El Debate (1907), porque o xornalismo foi outra das súas paixóns. En 1910 volta á diócese ourensá. A súa etapa de cura rural faille coñecer os problemas do campo galego. A partir de 1910, Basilio Álvarez é o impulsor do movemento “Acción Gallega” destinado a redimir os males dos campesiños galegos. Destaca tamén a súa participación na II Asamblea Agraria de Monforte.

En 1913 Basilio Álvarez inicia unha xira por América para conseguir o apoio das colectividades emigradas ao seu movemento. En Cuba aparecerá unha das súas principais obras, Abriendo el surco, resumo da súa posición ideolóxica.

En 1921 Basilio Álvarez funda en Ourense La Zarpa, primeiro como revista, máis tarde como diario, poñéndoa ao servizo do seu ideal político. Durante a ditadura de Primo de Rivera secularízase e posteriormente sumouse ao Partido Radical de Alejandro Lerroux. O comezo da Guerra Civil marcará a súa persecución e exilio, no cal morrerá pobre pero leal á República.

 

 

 

 



 



Documento sin título
  Un proxecto de culturagalega.org e o Arquivo da Emigración Galega coa colaboración da Sección de Comunicación, a Sección de Literatura do Consello da Cultura Galega e o Arquivo Sonoro de Galicia.
Dirección: Manuel Gago / Marcelino X. Fernández Santiago
Redacción e produción:
Emilia García, Prudencio Viveiro (Arquivo da Emigración Galega)
Xermán Hermida, Santi Montes, Cristina Mouriño (culturagalega.org)
Rosa Aneiros, Daniel Salgado (Sección de Comunicación do CCG)
Montse Pena (Sección de Literatura do CCG)
Deseño: Miguel Alonso, Manuel Gago
Infografía: Manuel Gago
“Co noso agradecemento á Real Academia Galega, a Manuel Lugrís Rodríguez, e á Consellaría de Cultura polos retratos de Lugrís Freire”