Documento sin título
culturagalega.org
logo letras galegas 2006 Free CSS Navigation Menu Designs 2 at exploding-boy.com

Inicio > A Coruña > Quen é quen > Manuel Murguía

A emigración cubana

A personalidade e a obra de Murguía abranguen varias facetas, porén, teñen un centro unificador: Galiza. Tras rematar os estudos de bacharelato en Filosofía, en 1853 trasládase a Madrid para labrarse unha carreira literaria, participando tamén como colaborador na prensa. En 1858 contrae matrimonio con Rosalía de Castro, unión da que nacerían sete fillos.

En 1865 da comezo á que sería a súa grande obra: a Historia de Galicia, publicada en varios volúmenes. Desde esta obra defendeu a orixe celta dos galegos e poñerá esta tese ao servizo dun ideal político: o rexionalismo. Foi a cabeza do movemento rexionalista, no seu sector máis liberal e progresista; presidente da “Asociación Regionalista Gallega” (1891) e director do seu portavoz La Patria Gallega.

En 1906 fundouse a Real Academia Galega, da que Murguía sería o seu primeiro presidente e, sen dúbida, a figura que lle da sentido á institución, convertíndoa en defensora da língua e cultura galegas.

 

 

 

 



 



Documento sin título
  Un proxecto de culturagalega.org e o Arquivo da Emigración Galega coa colaboración da Sección de Comunicación, a Sección de Literatura do Consello da Cultura Galega e o Arquivo Sonoro de Galicia.
Dirección: Manuel Gago / Marcelino X. Fernández Santiago
Redacción e produción:
Emilia García, Prudencio Viveiro (Arquivo da Emigración Galega)
Xermán Hermida, Santi Montes, Cristina Mouriño (culturagalega.org)
Rosa Aneiros, Daniel Salgado (Sección de Comunicación do CCG)
Montse Pena (Sección de Literatura do CCG)
Deseño: Miguel Alonso, Manuel Gago
Infografía: Manuel Gago
“Co noso agradecemento á Real Academia Galega, a Manuel Lugrís Rodríguez, e á Consellaría de Cultura polos retratos de Lugrís Freire”