Documento sin título
culturagalega.org
logo letras galegas 2006 Free CSS Navigation Menu Designs 2 at exploding-boy.com

Inicio > A Coruña > Quen é quen > Portela Valladares

A emigración cubana

O Centro político non é un invento moderno. Entre os galegos máis destacados que pretenderon personificalo pódese contar a Manuel Portela Valladares, un político de longa traxectoria nado en Pontevedra. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago, Portela foi un de tantos “fillos políticos” de Montero Ríos, que o apoiou para ser deputado por Fonsagrada desde 1905, posto que ocuparía até 1923. A orientación política de Portela levouno a apoiar tamén o agrarismo de “Acción Gallega”. Baixo a monarquía, foi gobernador de Barcelona e incluso ministro en 1923, pouco antes do golpe de Primo de Rivera.

En 1927 Portela adquire o diario vigués El Pueblo Gallego (fundado en 1924), un dos diarios que máis se destacaron por defender a autonomía galega durante la II República.

No goberno Lerroux nomeouno Gobernador xeral de Cataluña e máis tarde ocupará o Ministerio da Gobernación. Ao comezo da guerra civil sufrirá multiples penalidades para escapar de España para exilarse en Francia, onde evita a petición de extradición cursada polo goberno de Franco ao goberno de Petain. Falece no país galo en 1952.

 

 

 

 



 



Documento sin título
  Un proxecto de culturagalega.org e o Arquivo da Emigración Galega coa colaboración da Sección de Comunicación, a Sección de Literatura do Consello da Cultura Galega e o Arquivo Sonoro de Galicia.
Dirección: Manuel Gago / Marcelino X. Fernández Santiago
Redacción e produción:
Emilia García, Prudencio Viveiro (Arquivo da Emigración Galega)
Xermán Hermida, Santi Montes, Cristina Mouriño (culturagalega.org)
Rosa Aneiros, Daniel Salgado (Sección de Comunicación do CCG)
Montse Pena (Sección de Literatura do CCG)
Deseño: Miguel Alonso, Manuel Gago
Infografía: Manuel Gago
“Co noso agradecemento á Real Academia Galega, a Manuel Lugrís Rodríguez, e á Consellaría de Cultura polos retratos de Lugrís Freire”