como se fixo

Cando o concello de Santiago convoca un concurso para promover a normalidade no emprego da lingua galega, a empresa de enxeñería informática Imaxín Software decide que o mellor proceso para normalizar é facelo na mesma lingua que habitualmente empregan os nenos. E isto, coa obrigatoriedade de facelo nun soporte tecnolóxico, conduce a un referente que os cativos coñecen ben: os videoxogos.

A proposta é, como apunta claramente Diego Vázquez (coordinador do proxecto), "un producto educativo con apariencia de xogo". O guionista Kike Benlloch explica que "o guión do xogo debía harmonizar a finalidade normalizadora do idioma cunha longa lista de políticas educativas transversais" (non sexismo, educación para a paz, respecto ao medioambiente, respecto aos maiores, integración de todas as partes do Concello de Santiago...). Un traballo propio de palilleiras supervisado pola propia Concellaría de Normalización Lingüística e pola pedagoga Marisa Lista. Perfilar personaxes (darlles unha vida e unha historia, tal e como se verá ó solucionar o videoxogo), integralos nun espacio, dar un criterio as animacións... ata o máis minúsculo detalle tiña que estar precisado no guión.

Paralelamente o debuxante Víctor Rivas e Luz Castro, deseñadora e enxeñeira informática, ían plasmando graficamente a apariencia dos escenarios, de Ana, a protagonista  (non é casual que sexa unha muller), o seu avó, e o resto dos case cincuenta personaxes que forman esta gran familia de “O misterio...”. O equipo de Imaxín, o deseñador, o guionista, a pedagoga, todos cantos directa ou indirectamente formaron parte do proxecto, aparecen como personaxes no videoxogo, xunto con algunha outra cara coñecida de Galicia. ¿Quen é quen...? Xoga e averíguao...

É ben doado, non te preocupes. Os videos están optimizados para que poidas disfrutar deles con calquera conexión. Mira o noso titorial de multimedia por se todo isto che soa a chinés ou non tes os programas necesarios.


 

 

 

 


Cultura Galega.org

Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org

Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000