Executado
o programa comeza a presentación do xogo, para
saltala preme ENTER.
Unha
vez finalizada a presentación comeza o xogo!,
agora só tes que axudar a Ana a investigar
as causas polas que Santiago está no aire.
O mecanismo do xogo é moi sinxelo. Preme no
lugar da pantalla onde queres que acuda Ana. Se queres
apañar algún obxecto ou falar cun personaxe
preme sobre el co rato.
Para dar ou usar un obxecto da mochila preme co rato,
arrastra onde queiras e solta. Na parte inferior da
pantalla contas co "panel de control".
(A
instalación está traducida ó
galego polo Proxecto Xis de Galego21.Org)
|