
Que
na Arca ía todo canto hoxe podes ver
- ¿e a Quimera?
tamén o leopardo de moitas azas
e as árbores frolidas
-¿e cantabas?
cantaban as olas á fertilidade, amparando os ceos
nas tellas, nos tellados
cantaba Delfina Eydé apañando o corvo no centeo
cantaba co abrigo novo, pelando améndoas, sachando nas cebolas
-¿e Elías?
-cantaba Elías
"eu estaba na casa de Laro, e vinos, aos atracadores
e detrás íalles a Garda Civil, e eles abriron as gabardinas
sacaronlles de metralleta e
tracatracatrá tracatracatrá"
e a Esfinxe recitaba enigmas e violaba aos mozos agonizantes,
antes hipnotizábaos
e estaba Helena, a destructora de naos
e Penelopea
e unha muller que dicía ser provedora de lunares azuis da
raíña das illas de
Derek Walcott
e unha anciá, moi minguadiña
e esta estaba dentro dunha botella, e tiña un xardín,
moi en desorde
e nas árbores, pendurados de pinzas da roupa de plástico,
translúcidas, os
oráculos
e dicía que cada quen collese o seu
que ela xa non atendía
e ao seu carón medraba a mandrágora e o fiúncho
e unha ponla dourada
e alí era a Boca
a Furna dos Avernos
e tiña un galo
vestido de militar
e o galo dicía
-quero.............
.....................................................................................
-¿e había Circo?
.....................................................
que todo é na Burata dos Infernos
-había
[A
Ponte das poldras.
Santiago: Noitarega, 1987]
|

A miña lingua
nativa é o fascismo
A imposibilidade do fascismo para dicir os nomes do real.
PerturbaciónOrixe
Fascinio.
Muros: Toxosoutos, 1995
[Fascinio.
Muros: Toxosoutos, 1995]


(...)
a autora constrúe un bosque: cada un dos matos, cada
unha das fábulas; o bosque é a herdanza da súa
defunta amiga Cordelia M. Mac Lir
logo da tempestade, logo da noite de tormenta que Amor honra
no poema.
No bosque, é alí onde acontece esta pequena
peza ou fantasía
en 24 cantos 24 estralos de pólvora
cuxos vértices están nevadosIMPOETIZABLES
anteriormente imposibles
coma robots, sen vínculos de sangue
pero non en falso
FUNDAN a lingua trabada dos cabritos
[M-Talá.
Vigo: Xerais, 2000]
|
|