ñ





 
 

[POETA]
Lugo, 1956. Poeta, narrador, ensaísta e catedrático de literatura; profesor das Universidades da Cidade de Nova York, da Alta Bretaña en Rennes e de Santiago de Compostela, onde codirixe a revista Moenia e é secretario da Cátedra Valente de Poesía e Estética. Coordina Unión Libre. Cuadernos de vida e culturas.
Obra poética de Claudio Rodríguez Fer: Poemas de amor sen morte (1979); Tigres de ternura (1981); Historia da lúa (1984); A boca violeta (1987); Cebra (1988), libros reunidos en Vulva (1990) e antologados en A muller núa (1992); Cinepoemas (1983); Extrema Europa(1996); A unha muller descoñecida (1997); Rastros de vida e poesía (2000), en colaboración co pintor Eugenio Granell.

Le a entrevista

necesitas:




NOME

Pronunciei mil veces
o teu nome. Pronuncieino
máis de mil veces.

E nunca foi en van.

DENTRO

Eu sei que vivo
porque pousei a man
sobre o teu ventre.

E só ti estabas dentro.


TREN

O importante é irmos
e non cara onde imos.

E nunca chegar máis lonxe
que antes de partir.

HOTEL

Todo amor ten un espacio.
Todo espacio un baleiro.

E nós enchímonos de nós
baleirándonos de nós.

POESÍA

Non escribo con máis tinta
que a traza do teu fluxo.

Pero vou cara o teu corpo
e a vida non se escribe.

PONTE

Eu viñen dende antes das orixes.
Ti estabas máis alá da outra beira.

E xuntos atravesamos todas as pontes.

MUSEO

Todo existe para que ti sexas.
Ti es para que todo exista.

E ti estabas alí absoluta
e soberanamente existindo.

PASAXE

Pasa o tempo polos bulevares,
o bulicio, todo pasa.
Pasa o tempo por ti.

E ti énchelo de vida.

GREVE

Pero non amádeme. Non lédeme.
Eu non teño outra bandeira
que as túas bragas nin máis patria
teño que as túas bágoas.

E ámote soamente con todo o que teño.

[A unha muller descoñecida.
Ferrol: Sociedade de Cultura Valle-Inclán, 1987]

 



Cando

nos abrazamos

imos

a outromundo                

onde

nos abrazamos

e marchamos

a un transmundo

onde

nos abrazamos

e onde quizais só

nos abrazamos.

 

[Tigres de tenrura.
Santiago: S.Coop. Reprografía, 1846,1981]


Eu nacín nun país verde fisterra que vagou errante tras mandadas de vacas.

Incerto fillo son das tribos móbiles que só se detiveron cando se lles acabou o mundo.

Non teño outras raíces que as da espora nin outra patria habito que a do vento.

Síntome da estirpe daqueles pobos nómades que nunca se constituíron en estado.

O noso espírito coñeceu o abismo e o sentido telúrico do entorno natural.

A nosa historia é a dun pobo que perdeu o norte e se confundiu cos bois.

Pero eu recuperei o norte no medio do naufraxio fluíndo sensualmente da cabeleira da lúa.

E a inmensa cabeleira é labirinto no que soamente falo a quen eu amo.

[A boca violeta.
Barcelona: Sotelo Blanco, 1987]


Cultura Galega.org

Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000