| |
Frai
Rosendo Salvado naceu en Tui en 1814. Sería unha cidade que sempre
tería en mente, e á que volvería de Australia nunha
ocasión entre mostras de fervor popular.
En 1898, continuaba recibindo o xornal tudense La Integridad, e
pedía que non se lle deixase de mandar. De alí, pasou
ó mosteiro de San Martiño Pinario de Santiago de Compostela,
con 15 anos, onde destacara pola súa habilidade coa música
como organista ós 20 anos e a súa capacidade de aprendizaxe,
unha actitude na que o seu pai, Pedro Salvado, destacara como cantor da
catedral de Tui.
A
chave que marcou boa parte do destino de Rosendo Salvado veu dada por
causas políticas.
En 1835, un novo goberno comeza a mandar en España e un ministro
con gran influencia na Corte, Mendizábal, decide adoptar unha nova
política con respecto á Igrexa e desamortizar os mosteiros
para poñelos á venda nun proceso que se coñece como
a Desamortización. Non só isto: as ordes monacais, cunha
tradición secular, son disoltas. Fray Rosendo era monxe benedictino
que non puido ver rematado o seu desexo de tomar os hábitos e ten
que volver á súa casa familiar en Tui.
|
 |
 |