EDITORIAL
  "Un escuro soño"
OS DATOS
  O Pasamento de Carlos Casares nos xornais electrónicos.
COLABORACIÓNS
Persoeiros da cultura fan as súas achegas sobre Casares
FOTOBIOGRAFIA
  Carlos Casares, unha vida en imaxes
A SUA OBRA
  A creación como filosofía de vida
MULTIMEDIA
Un soño na sua voz
A literatura infantil, a grande paixón
O futuro da lingua
Xoguetes para un tempo
VALORACIÓNS
  Coñece a opinións de destacados persoeiros da Cultura Galega
AS VALORACIÓNS DE ...
Damián Villalaín. Subdirector da Editorial Galaxia
"Galicia perdeu un corazón", afirmou Damián Villalaín pouco despois de coñecer o pasamento do seu amigo Carlos Casares. O subdirector de Galaxia asegurou que Casares é un dos referentes da cultura máis importantes, "cunha gran labor institucional desde o Consello da Cultura Galega e editorial desde Galaxia". Villalaín destacou tamén a súa calidade humana e o seu gran talante negociador.
Xesús Pérez Varela. Conselleiro de Cultura
"Galicia acaba de perder un dos referentes principais da súa cultura", declarou Xesús Pérez Varela. O Conselleiro destacou a faceta "extraordinariamente humana" de Casares e indicou que "sempre tivo unha man tendida, sempre disposto a axudar". O Conselleiro declarou tamén que Casares "tiña aínda moitas páxinas brillantes que dar á literatura galega"
Xosé María Palmeiro. Decano do Colexio de Xornalistas de Galicia
"Aínda non reaccionamos a esta tráxica noticia". Esta foi a primeira reacción do Xosé María Palmeiro. O decano dos xornalistas de Galicia destacou o gran sentido do humor de Casares e o apoio que sempre mostrou con toda a cultura galega". Palmeiro tamén destacou a gran importancia de Casares como intelectual que "impulsou a cultura desde múltiples facetas, incluída a do xornalismo".
Xesús Palmou. Secretario Xeral do PP de Galicia
O secretario xeral do Partido Popular quixo expresar no nome do seu partido o máis profundo pesar polo pasamento de Carlos Casares, do que dixo que era "un dos homes máis representativos da cultura galega de hoxe". Xesús Palmou tamén quixo resaltar a faceta institucional onde foi "un auténtico dinamizador e revitalizador das nosas institucións".
Bloque Nacionalista Galego.
O BNG quixo tamén mostrar o seu pésame pola "inesperada e dolorosa perda". O BNG agradeceu nunha nota pública o compromiso deste escritor e xornalista coa cultura galega. A nota tamén indica que co pasamento do autor de "Xoguetes para un tempo prohibido" deixa un espacio na cultura galega que non será fácil de cubrir.
Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG - PSOE
"Hoxe é un día de loito para a cultura galega". Deste xeito define o día de hoxe a nota oficial de pésame da Comisión Executiva Nacional do Partido Socialista de Galicia. Os socialistas galegos definen a Casares como "un referente das letras galegas, un maestro do xornalismo e un impulsor da nosa cultura e literatura"
Francisco Fernández del Riego. Ex-presidente da Real Academia Galega
Fernández del Riego non dubidou en cualificar este como un golpe tremendo, unha impresión que no se pode describir. "Onte mesmo estivo no acto de homenaxe a min"- afirmou - "Era unha personalidade significativa de indubidable transcendencia no orde da creación literaria. Ademais ó fronte do Consello da Cultura Galega realizou unha labor positiva como ó fronte da Editorial Galaxia. É unha perda moi seria para a cultura galega nestes momentos"
José Antonio Feijoo. Alcalde de Xinzo de Limia
O alcalde de Xinzo de Limia, José Antonio Feijoo mostrouse consternado pola noticia do pasamento de Carlos Casares. "Os portavoces dos grupos con representación no Concello acordamos declarar tres días de loito oficial coas bandeiras a media asta e pedirán que o día das letras galegas do próximo ano estea adicado ó escritor hoxe falecido".
Manolo Rivas. Escritor e xornalista
"Casares era un sembrado de historias e un dos representantes da mellor tradición dos humanistas e demócratas galegos". Manolo Rivas destaca tanto a súa faceta como escritor como desde o punto de vista humano. "Era unha persoa moi tranquila e respetuosa que non gustaba dos conflictos e amaba profundamente a vida dun país con tendencia á depresión"
Víctor F. Freixanes. Escritor e xornalista
"Carlos Casares deixa un vacío en moitos frentes". Estas foron as primeiras declaracións do escritor Víctor Freixanes tras coñecer o pasamento de Carlos Casares. Freixanes asegurou que o presidente do Consello da Cultura Galega era "un intelectual maduro, moi boa xente e un capital que tiña este país en activo e funcionando".
Xaime Illa Couto. Presidente da Editorial Galaxia
Aínda sobrecollido o Presidente da Editorial Galaxia non dubidou en calificar a Carlos Casares como unha personalidade realmente extraordinaria e única en Galicia. "Un home cun talento creador extraordinario cunha gran capacidade de traballo, de unha fecundidade inmensa, pero sobre todo as súas cualidades persoais, porque tamén é raro no país, era un home cordial con todos , cun temple sereno, tranquilo, herdaba o espírito cordial do paisano pero dobrado con un talento intelectual extraordinario. A perda do país é inmensa porque a capacidade creativa de futuro que tiña é extraordinaria."
  Manuel Fraga. Presidente da Xunta de Galicia
O presidente da Xunta de Galicia mostrou o seu pesar pola morte de Carlos Casares Mouriño nun comunicado emitido a primeira hora da mañá. Fraga destacou a súa faceta como intelectual e como xestor do Consello da Cultura Galega.
  Henrique Monteagudo . Secretario do Consello da Cultura Galega
"Foi un dos grandes impulsores da Cultura Galega, ademais de ser un gran amigo e unha excelente persoa". Montegaudo destacou a grande eiva que quedará en Galicia co pasamento de Carlos Casares. "Galicia perdeu a un gran intelectual e a unha gran persoa", declarou.
  Xosé Ramón Barreiro Fernández. Presidente da Real Academia Galega
Barreiro Fernández definiu a Carlos Casares coma o "xestor da Cultura Galega", unha vez que coñeceu o tráxico pasamento. Barreiro definiu a Carlos Caseres coma "un gran amigo, un gran xestor da cultura galega e unha persoa que poñía sentido común a todo o que facía". Do mesmo xeito o presidente da Real Academia Galega asegurou que Casares foi un dos intelectuais "máis importantes que tivo este país".
  Darío Villanueva. Rector da Universidade de Santiago de Compostela
"Esta perda é unha lousa sobre a cultura galega, ademais dunha perda para quen tivemos a satisfacción e o pracer de traballar con el no Consello da Cultura Galega.
Carlos Casares era unha figura de primeira magnitude, polo seu labor creativo e intelectual parello á súa actividade xornalística e institucional non só desde o Consello da Cultura Galega, quero destacar tamén a súa actividade á fronte de Galaxia e Grial.
Carlos Casares seguíu o ronsel dunha personalidade na que tivo un referente, Ramón Piñeiro, co que comparte moitas características da súa personalidade como a súa permanente vontade de diálogo."
  José Luís Meilán Gil. Rector da Universidade de A Coruña
"Foi o heredeiro do legado de Ramón Piñeiro e destacou, sobre todo, polo seu amor á Cultura Galega". Así definiu o Rector da Universidade da Coruña ó falecido Carlos Casares. O Rector non dubidou en definir a Casares como "unha persa amable e dialogante" resaltando a súa faceta como promotor da Cultura Galega.


 

 

Cultura Galega.org
Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000