Untitled Document

 

Os mortos dunha guerra, o drama dos que se van, a soidade dos que se quedan... e uns artistas comprometidos que non podían dar as costas ao tempo que lles tocou vivir. Catelao, Colmeiro, Seoane e moitos outros artistas galegos levaron ás súas obras as consecuencias dunha Guerra Civil e dun longo exilio vivido en primeira persoa.


 


 

Unha produción de:


Produción

Esta exposición é unha coprodución do MARCO (Museo de Arte Contemporánea de Vigo) e a Fundación Luís Seoane de A Coruña coa colaboración do CGAI (Centro Galego de Artes da Imaxe)

Patrocinio
Ministerio de Cultura

Colaboración
Repsol YPF

Comisario
Carlos López Bernárdez

Directora MARCO
Carlota Álvarez Basso

Xefe exposicións
Iñaki Martínez Antelo

Coordinación e rexistro
Marta García Viña

 

ONDE VER A EXPOSICIÓN:
Museo de Arte Contemporánea de Vigo
(MARCO)

DATAS
20 de maio - 11 de setembro 2005

LUGAR
Salas de exposición do primeiro andar

HORARIO
martes a sábado (festivos incluídos), de 11:00 a 21:00
Domingos, de 11:00 a 15:00


Claves para comprender a exposición
Accede á síntese do proxecto (en pdf)

 

  COMPRENDER A ARTE DO EXILIO

Carlos López Bernárdez
Comisario


O proceso de conformación e construción dun espazo cultural galego adquire unha importante aceleración no primeiro terzo do século XX e só se ve freado pola fractura que supuxo a Guerra Civil. Os anos previos ao conflito son tempos nos que asistimos aos máis serios intentos renovadores do panorama plástico: desde a obra e a reflexión sobre as artes de Castelao até o movemento d'Os Novos, o coñecido como Movemento Renovador da Arte Galega (Maside, Souto, Colmeiro, Torres...), pasando polos artistas coruñeses que xiran ao redor da vangardista revista Alfar (Francisco Miguel, Huici). Con eles e complementando o seu labor estarían os intentos de reflexión teórica de intelectuais, como os importantísimos de Rafael Dieste, que fan parte e completan este proceso.

Mentres en Galicia se destrúe todo o tecido cultural creado na preguerra, no resto de España so control da República nótase unha importante presenza de artistas e intelectuais galegos: Castelao, Arturo Souto, Rafael Dieste, Lorenzo Varela... Todos eles colaboran en distintas iniciativas culturais, realizando obras nas que se reflicte a situación política e social do momento e editando e ilustrando publicacións culturais. Nesta etapa destacou o labor gráfico de Castelao, que deu ao prelo os seus coñecidos álbums Galicia Mártir e Atila en Galicia, editados en Valencia no ano 1937, e Milicianos, que sae en Nova York no 38. Outra grande obra plástica de guerra é a de Arturo Souto, que realiza óleos de temática combativa, pero sobre todo traballa no debuxo e no gravado postos ao servizo das publicación de propaganda de guerra e reproducidos en numerosas revistas.

Rematada a guerra, centos de miles de persoas en Galicia vense na obriga de partir, en particular a América, polo que se crea un importantísimo núcleo intelectual. Os exiliados céntranse sobre todo nos lugares de tradicional emigración, principalmente na Arxentina, Uruguai e México, aínda que os hai espallados por todo o continente. Un núcleo fundamental é o asentado na Arxentina onde salientan as figuras de Castelao e Luis Seoane. Alí se crea en 1944 o "Consello de Galicia". Entre os exiliados galegos están pintores e escritores como Rafael Dieste, Lorenzo Varela, Maruja Mallo, Manuel Colmeiro, Castelao, Luis Seoane, Arturo Cuadrado, etc. aos que se sumarán anos despois artistas como Laxeiro ou Isaac Díaz Pardo. Outro grande foco do exilio galego é México, onde salienta o labor de Luís Soto, do cineasta Carlos Velo e do pintor Arturo Souto. Outros núcleos do exilio galego son os Estados Unidos e o Caribe, onde achamos a pintores como Eugenio Granell ou Ángel Botello.



 

Unha produción de:

Outros contidos proporcionados por:

 


coa colaboración de


Produción: Manuel Gago, Rosa Tedín
Deseño: Miguel Alonso
Documentación e redacción:
Marcelo X. Fernández Santiago, Cristina Mouriño, Nancy Pérez Rey

EXILIADOS é un contido en continua actualización.Se desexas facernos algún comentario, podes facelo a: redaccion@culturagalega.org


Sponsored Links: Kaufland Prospekt, toom BauMarkt Prospekt, Lidl Prospekt, Media-Markt Prospekt, Aldi Nord aktuell