SANTIAGO ÁLVAREZ: "INFORMACIÓN
SOBRE MI VIAJE POR
AMÉRICA LATINA"
En: "O informe da viaxe
de Santiago Álvarez por América Latina (5 de
outubro de 1960)", de Víctor Manuel Santidrián
Arias, ESTUDIOS MIGRATORIOS Nº. 9 (2000), Arquivo da
Emigración Galega (Consello da Cultura Galega), pp.
131-192.
Descarga
o documento
En 1960 a Central de Trabajadores de Cuba invita
a Santiago Álvarez a visitar o país co gallo
da celebración do primeiro de maio. Por aquel tempo,
Álvarez era membro da Executiva do Partido Comunista
de España e secretario xeral do ePartido Comunista
de Galicia. O líder comunista valdeorrés inicia
así unha viaxe a Cuba que se acabará convertendo
nun longo periplo por Sudamérica. En Cuba, Arxentina,
Chile, México, Venezuela, etc. Álvarez entra
en contacto cos partidos comunistas e coñece de primeira
man a situación política do momento, marcada
pola recente revolución cubana e o conseguinte debate
sobre a lexitimidade do emprego das armas como vía
de acceso ao poder. No seu percorrido, o líder comunista
entra tamén en contacto con personalidades do exilio
republicano, como Suárez Picallo e Alonso Ríos.
Resultado da súa viaxe, Álvarez fai un informe
para a dirección do PCE que se converte nunha pequena
radiografía do comunismo e o exilio do momento.
XOSÉ BIEITO ABRAIRA: "INFORME
PRO CONSELLO DE GALIZA"
En : "Unha visión
da actividade dos nacionalistas galegos en 1950 desde Bos
Aires", de Marcelo Xulio Fernández Santiago, ESTUDIOS
MIGRATORIOS Nº. 10 (2000), Arquivo da Emigración
Galega (Consello da Cultura Galega), pp. 133-147
Descarga
o documento
Xosé Bieito Abraira emigra a Bos Aires
en 1922 para traballar como xastre pero o destino habería
de convertelo nun dos mitos do galeguismo, polo seu compromiso
pero tamén pola súa azarosa vida. Tras vinte
anos de ausencia, Abraira regresa en 1950 a Galicia acompañado
da súa dona con dous traballos no peto: dar a coñecer
e facer contactos para o Consello de Galiza e vender a derradeira
obra de Castelao "As cruces de pedra na Galicia".
Así percorre Río de Xaneiro, Madrid, Cuba, México
e sobre todo Galicia e contacta coas comunidades emigrantes
e cos movementos galeguistas. De toda a súa viaxe fai
un completo informe para que o Consello de Galiza coñeza
de primeira mana a situación da Galicia do franquismo
e dos colectivos galegos no exterior.
MARGARITA LEDO ANDIÓN: "AS QUINTAS
FEIRAS, NO NORTE DÍA A DÍA ..."
Comunicación presentada
I Congreso Internacional "O Exilio Galego", Arquivo
da Emigración Galega, Consello da Cultura Galega, Santiago
de Compostela, 24-29 de setembro de 2001
Descarga
o documento
A catedrática Margarita Ledo reivindica
nesta persoal comunicación un exilio diferente ao provocado
pola Guerra Civil, un exilio que denomina "contemporáneo".
A través da súa propia experiencia, consecuencia
da militancia nacionalista, e través dun programa de
radio, "Norte día a día", Margarita
recrea o traballo na clandestinidade e vida en Portugal de
moitos galeguistas que como ela reclamaban os dereitos do
pobo galego.
|