Tertulia da Sección de Literatura
do Consello da Cultura Galega. Gravada o xoves, 4 de marzo de
2004 na Biblioteca do CCG
En 1954 o galeguismo interior e o galeguismo
republicano no exilio mobilizan os seus efectivos para protestar
diante das institucións internacionais pola situación
da lingua galega no réxime de Franco. A acción
diríxese fundamentalmente á UNESCO, que daquela
reuníase na cidade de Montevideo e, por primeira vez,
aceptaba a presencia nos seus escanos do réxime franquista.
O profesor Alonso Montero estudiou o tema no seu último
libro "A
batalla de Montevideo", (Xerais, 2003) . Arredor
deste capítulo da nosa historia contemporánea
reuníronse historiadores e especialistas na Tertulia
mensual da Sección de Literatura e Industrias da Edición
do Consello da Cultura Galega. O encontro foi gravado o xoves
4 ás 17:00 horas na Biblioteca do Consello da Cultura
Galega no Pazo de Raxoi. O debate estivo moderado por Víctor
Freixanes, e nel participaron Manuel Bragado, editor, o escritor
e profesor Gonzalo Navaza, Dolores Vilavedra, Isaac Díaz
Pardo e Luís G. Tosar, entre outros. Gravación:
Adrián Mourelle