Untitled Document
"O teatro é vivir multiplicado por 100", afirma María Casares, nesta entrevista concedida a Televisión Española. María Casares foi unha das máis coñecidas actrices na Francia do século XX. Naceu nunha acomodada familia da Coruña en 1909 e foi filla dun dos principais políticos da República, Santiago Casares Quiroga. Tralo alzamento militar de 1936, a familia exíliase a Londres e logo París. Nesta cidade comezará a súa traxectoria profesional no teatro en 1941. Moi cedo convertirase nunha actriz de sona.

O existencialismo francés convertiráa nun dos seus iconos visuais. No ano 1943 interpretará O Malentendido, a primeira obra teatral de Albert Camus. Dende ese momento, Casares vivirá un idilio co escritor e comezará a súa relación con Sastre, Simone de Beauvoir, Picasso ou Jean Cocteau. Precisamente con este director, en 1950, o seu papel no filme "Orpheo" daralle sona universal.

María Casares alternará dende entón o seu papel na escena francesa con incursións frecuentes no mundo do cine e o seu activismo a favor do teatro participando e colaborando na creación do Festival de Teatro de Avignon. Regresará a Madrid en 1975 por primeira vez e nos anos 80 e 90 recibirá numerosos recoñecementos públicos en Galicia e España.

ficha técnica
Entrevista a María Casares
   


 

Unha produción de:

Outros contidos proporcionados por:

 


coa colaboración de


Produción: Manuel Gago, Rosa Tedín
Deseño: Miguel Alonso
Documentación e redacción:
Marcelo X. Fernández Santiago, Cristina Mouriño, Nancy Pérez Rey

EXILIADOS é un contido en continua actualización.Se desexas facernos algún comentario, podes facelo a: redaccion@culturagalega.org


Sponsored Links: Kaufland Prospekt, toom BauMarkt Prospekt, Lidl Prospekt, Media-Markt Prospekt, Aldi Nord aktuell