|
Poucas veces se ten xuntado a tantos protagonistas
da historia contemporánea de Galicia como neste documental. Destacadas figuras
da República e do exilio, vinculadas ao galeguismo, o nacionalismo ou os movementos
de esquerda falan da victoria do franquismo, o seu éxodo, as súas expectativas
de retorno e a organización do activismo político en América.
A figura central do documento Castelao, como político e líder do movemento de
recuperación de Galicia. Boa parte dos entrevistados o vían coma o futuro primeiro
Presidente de Galicia.
O documento conta coas declaracións de Teresa Rodríguez Castelao (irmá de Castelao),
Antón Fraguas, Elixio Rodríguez, Bernardo Souto, Rosa Puente, Xaime Illa Couto,
Avelino Pousa, Santiago Carrillo ou Francisco Fernández del Riego.
|
|