publicación
Presentación de Ramón Villares.
Presidente do Consello da Cultura Galega
Presentación de Fernando Blanco.
Conselleiro de Innovación e Industria da Xunta de Galicia
Presentación de Ánxela Bugallo.
Conselleira de Cultura e Deporte
Coñecemento & creatividade na era da web
O xornalista e profesor Francis Pisani explica como o cambio determinante da internet actual non está na tecnoloxía, senón na emerxencia dunha cultura da participación.
Fóra de sitio
Moita da cultura galega xa se está a crear directamente sobre internet. Carlos Neira trae desde internet algúns dos exemplos máis interesantes nos diferentes ámbitos da creación.
De como a rede mudou a nosa vida
A integración de internet na vida cotiá dos galegos e galegas está a modificar pautas de comportamento que afectan ás relacións sociais, ao traballo ou ao consumo. Fernando Garrido analiza estes cambios.
A e-mpresa cultural
En que medida as empresas da industria cultural están a afrontar o cambio cara ao soporte dixital? Xan Bouzada describe as liñas básicas da nova situación e Cristina Mouriño entrevista a axentes da empresa cultural.
Conectad@s coa música
A empresa Falcatruada é hoxe unha sólida estrutura de apoio á música en Galicia que se basea na súa plataforma web. Olga Castro explica o éxito en internet da compañía.
A gran maré dos usuarios
A internet de 2007 é un riquísimo cóctel de contido multimedia creado por usuarios e novas lóxicas de traballo en grupo. Fernando Sarasquete analiza os formatos de éxito entre os usuarios e Manuel Gago indaga nos cambios
A rede C
Que a rede serve para distribuír información é obvio. Pero moitos grupos culturais de base deron un paso adiante e empregan Internet como a forma normal de traballo e organización. Xermán Hermida pescudou para coñecer máis estes procesos.
A propiedade intelectual ante o reto de Internet
Se existe un tema conflitivo nas relacións entre internet e o sector cultural, sen dúbida é o factor da propiedade intelectual. Víctor Salgado explica as claves do marco legal actual.
Enredando coa fantasía
Galicia Encantada leva máis de dous anos difundido o noso imaxinario tradicional na rede. Antonio Reigosa, o seu responsable, explícanos como se consegue.
Uvas e beizóns no messenger
Belén Regueira propón un diálogo vía messenger entre dous dos blogueiros cunha traxectoria moi dilatada na vida cultural galega: Manuel Bragado e Marcos Valcárcel.
|
programa
Cultur.gal.
Salón do libro e da industria cultural. Pontevedra
Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra.
Seminario 3
Xoves, 10 de maio de 2007
Organizan:
Consello da Cultura Galega
Consellería de Innovación e Industria
Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información
Consellería de Cultura e Deporte
Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
PROGRAMA
17: 30
Inauguración da xornada
17: 45
Creando raiceiras dixitais
Como se dixitaliza e publica o noso patrimonio en Internet
Arte. Chus Martínez. Proxecto Edición.
Mundos virtuais. Pedro Saco. Grupo de Investigación USC.
Patrimonio oral. Antonio Reigosa. Galicia Encantada.
18:50
Cultura na rede: ideas para o futuro
Luís Hernández. Mundos Dixitais.
Manuel Gago. Culturagalega.org.
Carlos Santiago. Arredemo.
20:00 – 21:30 h.
Víctor F. Freixanes entrevista a Francis Pisani
Consultor e profesor das Universidades de Berkeley e Stanford, en California, Francis Pisani é un columnista de referencia que publica semanalmente a súa visión sobre o mundo de Internet e a comunicación en El País (España), Reforma (México) e Le Monde (París). Pisani é un dos máis lúcidos observadores do impacto social das novas tecnoloxías da información e a súa influencia na cultura, na comunicación e na globalización.
|