Puntuación: 1.8/5 (79 votos)
Os noventa e nove capítulos de libros responden ás colaboración radiofónicas que nas ondas da Radio Galega, cada luns, foron realizadas polo seu autor entre abril de 2003 e xullo de 2005.
Os contidos son variados, aínda que fundamentalmente tratan, como se adianta no subtítulo, de "libros, persoas e sazóns", pero tamén de moitas outras cousas: exposicións, congresos, festas políticas e relixiosas e ata vodas rexias ou conclaves pontificios...
Por todo isto estamos ante un volume que non só trata diversas pasaxes da Historia, senón que tamén fai, en sí mesmo, Historia, polas súas apreciacións e, en moitos casos, matizacións e precisións, incluso por veces talvez non tanto polo que se di como polo momento e o contexto no que se dixo.
[Contracapa do libro]