Puntuación: 1.9/5 (86 votos)
Neste traballo participan todos os
sectores artísticos implicados na Plataforma contra a Burla Negra nun exem-
plo máis de afirmación, de desagravio e de denuncia. O propio título do libro
disco recolle en si mesmo este propósito ó se referir ó poema homónimo
escrito polo noso grande autor do mar, Bemardino Graña, que aparece como
epílogo desta obra. O poeta de Cangas publicou en 1966 Profecía do mar ,
unha obra chea de salseiros, tascas mariñeiras, gatos, peixes, ardoras, ámbar
de sangue, xaraibas e roncallos. E ollomoles, alcriques, xoubas, sardiñas, lom-
brigantes, maragotas, pintos e baleas. Este mariñeiro de palabras, navegante
de versos e redeiro de ardentías, leva décadas facendo dos poemas insubmisas
reivindicacións do noso legado mareiro. Por isto, Sempre Mar quere ser unha
homenaxe a Bemardino Graña e a todos os creadores e creadoras deste país
que labraron nas nosas costas chanzos para o noso imaxinario colectivo e para
a nosa mantenza.
En "Sempre Mar" encontraredes, música, ilustracións, poemas, ensaios e
relatos de centos de artistas que cederon de balde o seu esforzo para formaren
parte do noso proxecto. Quixemos que a pluralidade falase por nós. Por iso
esta convocatoria foi aberta a todas as persoas que libremente desexaron
achegamos o seu traballo. Deixamos que o peso das sinaturas quedase rele-
gado a un segundo ámbito para dar prioridade á multiplicidade de voces. Na
riqueza desa polifonía recae precisamente a forza deste traballo. Sempre mar
supón un percorrido doloroso polos sentimentos que nos abordaron os
primeiros días, un periplo de altas ondas pola ira e pola carraxe, polo
naufraxio da frustración e pola levada de áncoras das manifestacións, esas
convocatorias nas que botamos por fóra toda a rabia e nos sentimos unidos
como pobo. Sempre mar serve de crónica dunha viaxe apurada polas nosas
derrotas e polas nosas ansias de superación. É humor e son lamentos. É ironía
e é xenreira non contida. Son promesas e agoiros. Pero supón, por riba de
todo, unha afirmación da nosa riqueza creativa e da xenerosidade compro-
metida de centos de autores e autoras.
A nosa natureza atlántica abrolla neste traballo como unha fervenza nun
océano de pasividade e permite remexer as augas do cambio. Por iso, a
Plataforma contra a Burla Negra fai seu o berro de desagravio de Bemardino
Graña: "Un mar pra andar perdido e ser camiño,/ como noite continua ou
pesadelo,/ onde o corpo ten de ir espido, inxelo./Principio e fin das cousas.
Mar diviño". iBurla Negra, nunca máis!
[limiar do libro]