Puntuación: 2.0/5 (47 votos)
...Cremos que é importante empezar esta novela sen saber de que trata. Nembargantes, se decides embarcarte na aventura, debes saber que acompañarás a Bruno, un neno de nove anos, cando se muda coa súa familia a unha casa onda unha cerca. Hai milleiros de aramados coma ese en moitos sitios do mundo; só desexamos que nunca te atopes con ningún, e se o fas, que teñas forza para librarte del...
Esta novela do escritor irlandés John Boyne vén de converterse nun fenómeno editorial de alto nivel: traduciuse a máis dunha vintena de idiomas, xa leva vendidos 50.000 exemplares en castelán, foi líder de ventas en Irlanda durante 35 semanas e tense feito unha adaptación cinematográfica.
Unha fábula literaria para todos os públicos, que bebe de fontes como Charles Dickens, John Irving, Philip Roth, Anne Tyler ou Alexandre Dumas...
Existen no mercado editorial moitas propostas sobre esta temática, pero poucas do calado de "O neno do pixama a rajas". A esta súmanse títulos -destinados ao público infantil- como "A historia de Erika", de Ruth Vander Zee e Roberto Innocenti (dispoñible en galego e castelán), e "Sálvate Elías!", de Elisabeth Brami e Bernard Jeunet (dispoñible en galego, castelán e catalán), os dous editados por KALANDRAKA.
[Presentación editorial]