Puntuación: 2.2/5 (42 votos)
Nas páxinas deste libro deséñanse o significado e seguimento das peregrinacións xacobeas, que marcaron un acento de universalidade na Historia de Galicia. Ben sabido é que Santiago de Compostela xurdiu e desenvolveuse por razón dos camiños. Por eses itinerarios viñeron ao noso país dende os últimos confíns da Cristiandade, xentes de todas as procedencias. Galicia cobrou a partir da Idade Media, por mor do Camiño, unha singularidade autóctona e universal.
A peregrinaxe a Compostela constituíu, ao cabo, unha achega moi singular ao desenvovlemento da sociedade er da cultura medievais. Galicia adquiriu, pola influencia do camiño xacobeo, unha especial dimensión. de todas as partes da vella Europa chegaban os romeiros en caraváns, que se agregaban e disgregaban na marcha. A humanidade peregrinante foi,en definitiva, a que creou e fixo medrar a cidade de Santiago, e mesmo por iso, Compostela se revelou tan europea e universal.
En definitiva, neste volume atopamos unha detallada síntese do que foi a creación da urbe de Compostela, o coñecemento do Camiño, as súas diferentes etapas, a vida dos peregrinos, o universo social e cultural que se creou ó seu redor... A narración de F. Fernández del Riego vese, ademais, acompañada das imaxes do fotógrafo Xurxo Lobato.
[contracapa do libro]