Puntuación: 2.1/5 (110 votos)
Este libro é unha síntese do Plano Director para o Castro de Elviña que o Laboratorio de Arqueoloxía e Formas Culturais do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da Universidade de Santiago de Compostela realizou por encargo do Excmo. Concello da Coruña, concretamente da súa Concellería de Urbanismo, sendo alcalde Francisco Vázquez, concelleiro delegado Salvador Fernández Moreda e director da oficina de Urbanismo Jesús Arsenio. O contrato entre ambas as institucións asinouse o 2 de setembro de 1998.
O Plano Director, cunha extensión total de 2471 páxinas, finais figuras e planos, foi entregado ó Concello o 21 de xullo de 2000 e presentado publicamente o 15 de marzo de 2001.
A partir dese momento púxose en marcha o complexo proceso de execución dun proxecto coma este, que carreta x untar complicacións e ambicións.
O primeiro froito derivado do Plano Director foi a elaboración do Plano Especial do Castro de Elviña, aprobado pola Comisión de Goberno do Concello da Coruña o 29 de decembro do 2000. Máis tarde executouse a expropiación, elaborouse un anteproxecto museográfico para a Casa dos Antepasados, rozáronse os terre- os e iniciáronse os traballos arqueolóxicos no castro baixo a dirección de J. M. Bello, director do Museo Hist6rico-Arqueol6xico Castelo de Santo Ant6n, do Concello da Coruña.
Recentemente, en marzo de 2003, convocouse un Concurso internacional de ideas para as obras do «Centro de Recepción de Visitantes Casa da Historia da Cidade da Coruña». O con- curso solicita propostas para deseñar a recuperación do Castro, a creación do Parque Artabria, a construcción da Casa da Historia e do chamado Neocastro. Transcorrida unha primeira fase de selección de equipos, está aberta a fase de presentación de propostas por parte dos oito equipos finalistas, entre os que figuran estudios arquitectónicos do prestixio de MVRDV de Holanda, Zaha Hadid de Inglaterra, J. M. Gallego ou Emilio Tuñón e Luis Moreno.
Toda esta historia é posterior ó Plano Director e ocasionou a reformulación ou abandono dalgunhas das propostas que nel figuraban. Non podía ser doutro xeito: a posta en práctica dun proxecto complexo, plural e dilatado implica cambios, novas oportunidades e ideas, solucións que se revelan erradas, boas ideas que acaban tendo o único valor de posibilitar outras mellores, e, finalmente, novos axentes e protagonistas. Por exemplo, a inicialmente denominada Casa dos Antepasados (nome adoptado como metáfora gráfica con capacidade mobilizadora suficiente para «tirar» do proxecto) pasouse a denominar Casa da Historia; o equipo responsable do Plano Director non foi incorporado ás fases ulteriores polas que transita o proxecto do Parque de Elviña.
[presentación]