Puntuación: 1.8/5 (110 votos)
Logo do éxito acadado pola serie de libros de receitas elaborados a partir do programa Larpeiros da Televisión de Galicia, Editorial Galaxia tira do prelo As lambetadas de Larpeiros, de Merchi Rodal, a especialista en culinaria de sobremesa do programa de Benigno Campos.
O libro recolle algunhas das sobremesas presentadas no programa e outros doces coma madalenas, biscoitos, cremas, roscóns agrupadas nun receitario sinxelo e práctico, pensado para utilizar na cociña doméstica.
No libro As lambetadas de Larpeiros recóllese un conxunto de receitas ben ricas, do máis
tradicionais, feitas coa axuda das grandes expertas cociñeiras, as nais galegas. Pois nais e avoas son as máis grandes fontes de coñecemento gastronómico tradicional por iso algunhas das receitas tamén queren ser unha homenaxe a todo este coñecemento que sen elas se perdería.
Máis de setenta receitas , un libro no que se reúnen as sobremesas clásicas galegas (roscóns,
filloas, biscoitos ...) con outras elaboradas engadíndolles un aquel máis persoal.
[Presentación editorial]