Puntuación: 1.8/5 (38 votos)
Aínda son moitos os espíritos que viven no noso campo e que exercen a súa influiencia nel, aínda que a súa importancia foise perdendo.
Entre aqueles seres de poder ilimitado, había outros cuxas accións non acadaban ao dominio do absoluto, senón que se vían reducidos a un curto campo de acción. Algúns destes seres podían faguer ben ou mal, como as fadas, as bruxas, os nubeiros, etc.
Outros eran completamente inofensivos, como ocorre co Tardo, obxecto destas notas.
Os datos de que nos valemos foron recollidos por nós da tradición oral na terra de Lobeira, ao sul da provincia de Ourense e na fronteira con Portugal.
Nalgunhas rexións da Galiza, entre elas en Lobeira, consérvase nidiamente a tradición deste personaxe misturada noutros sitios co trasno e coa pantasma.
Non é dificil albiscar a súa primitiva natureza por entre as influencias que sofriu e que o fan aparecer hoxe entre os nosos campesiños cun carácter un pouco híbrido.
É hoxe, e foi probabelmente sempre, o diaño burlón.
[fragmento do comezo do libro]