Puntuación: 1.6/5 (87 votos)
Os textos que recollemos nesta publicación, coeditada por Edicións Positivas e a Revista Arraianos son colaboraciónes xornalísticas de X.L. Méndez Ferrín no
Faro de Vigo.
Son artigos que cruzan límites e nos fan viaxar polas raias secas e as molladas, coma silandeiros lobos arraianos que transitan polos lindes e os intersticios dun mundo máxico e fuxidío, desfronteirizando a a vella Gallaecia.
Só nos permitimos meter de contrabando a "despedida de castro Laboreiro", un curuto que se ergue ao máximo nivel poético planetario, o mesmo que os esgrevios cúmios graníticos dos cornos do Xurés e do Laboreiro, que nos espreitan dende o Principio do Mundo dos Arrainaos onde habitan a aguia, o lobo, o buxato e a vaca pisca ou cachena, canda un fato de homes e mulleres, únicos sobrevivfintes da desfeita.
É
Arraiano entre Arraianos unha proposta só apta para libertarios e contrabandistas da palabra, sen medo a cruzar fronteiras, só para os que saben que é na raia onde sempre acontece o interesante. Só para arraianos.
[Texto de contracapa]